GMH/ÍNDICE A-Z

323
1354, xullo, ...
doazón

Xoán García, clérigo do coro, dóalles aos Clérigos do Coro para un aniversario unha viña no camiño de Ourense para a Ponte da Loña.

ACOu, Clérigos do Coro, 54

(Sabean quantos) esta carta viren que en presença de min Nuno Eanes (...) polo bispo e polla igleia (...) das tests. adeante escriptas, estando aalende Forno Telleiro (...) huna leyra de vina que (Johan) Garçia porteiro do cabidoo da dita igleia d’Ourense diso que era sua. Estando y presentes o dito Johan Garçia e Gonçalvo Perez, Johan Martines clerigos do coro da dita igleia et procuradores da unyversidade dos ditos clerigos do coro da dita igleia. Et logo o dito Johan Garçia diso que el en remiimento de seus pecados e pola sua alma e de seu padre e de sua madre e daquelles a que el era tiudo, que dava e outorgava para senpre a dita leyra de vina aa dita unyversidade dos ditos clerigos do dito coro por condiçon que elles que lle fesesen de cada ano para senpre huun noversario de minsa con vigia polla sua alma e dos ditos seus padre e madre e daquelles a que el he tiudo de rogar a deus en outro dia de Sam Pero e de Sam Paullo do mes de juyo, a qual leyra diso que del tiiña arrendada en sua vida Johan Peres lavrador morador na rua por que vam da Praça para a crus do Çenteo por seys libras de brancos cada ano. Et mandou que os ditos clerigos e unyversidade levasen e ouvesen de cada ano para senpre pella dita leyra as ditas seys libras que lle o dito Johan Peres avya de dar en sua vyda pola dita leyra. Et aa morte do dito Johan Peres que a dita leyra et propiadade e posison della ficasse livre e desenbargada aos ditos clerigos e unyversidade delles para senpre et fesesen por ella o dito anoversario cada anno segundo sobre dito he, a qual leyra parte da huna das illargas con outra leyra de Gonçalvo do Mato et da outra parte con outra leyra de Gonçalvo Seyxino et en çima entesta en outra leyra que foy de Dominga Eanes moller que foy de Johan Rodrigues pixoteiro e en fondo fere no camyño publico por que vam d’Ourense para a ponte da Looña. Et a qual leyra lles logo entregou e os meteo enno jur e enna posisom della por terra e por rama e por pedra et por agraço que tomou da dita vina. Et os ditos Johan Martines e Gonçalvo Peres procuradores sobre ditos en nome da dita unyversidade asy reçeberon a dita leyra de vina que lles o dito Johan Garçia dava e entregava pola maneira sobre dita. Et desto en commo pasou os ditos clerigos pidiron a min notario sobre dito que lles (...) carta signada con meu signal et eu deylles ende esta que tal he, que foy (...) mes de jullo, era de mill e tresentos e noveenta e dous (...) çibdade d’Ourense (...) de Sam Miguell de Calvelle.

Et eu Nuno Eanes notario (...) en myna presença fige escripvyr e meu nomme e signal y puge en testemuyo de verdade que tal he.

(sinal)

[reverso] (Carta de huna) viña que esta enna Looña.