GMH/ÍNDICE A-Z

D169
1459, maio, 5
Gonzalo dos Carballos nomea home bo para que, xunto co de Gonzalo Rodríguez de Olveda, diriman dentro do presente mes o preito que ambos os dous sostiñan sobre varios asuntos, entre outros por o segundo levarlle a muller ao primeiro. (fol. 51-51v)

Conpromiso de Gonçalvo dos Carballos.

Anno domini Mº CCCC LIX annos, sabado çinco dias do mes de mayo, daquel cabo o Miño açerqa da ponte d’Ourense, en çima enno chaao do outeiro que esta açerqa da forca, estando y presentes o dito Gonçalvo dos Carballos et o dito Sueiro de Vilamarín, logo o dito Gonçalvo dos Carballos diso que por rason que el avya debate et contenda et descordia (so)* con o dito Gonçalvo Rodrigues d’Olveda sobre rason çertos malles e crimenes et delytos e tomas e roubos que hun avya feito ao outro et outro ao outro et da moller do dito Gonçalvo dos Carballos que o dito Gonçalvo dos Carballos desía que lle o dito Gonçalvo Rodrigues tomara et trouxera de sua casa et o dito Gonçalvo Rodrigues desía que non, et sobre outros quaes quer pleytos et contendas e debates et questoes que hun avya contra ho outro et outro contra ho outro, diso(ron que o puynan)*
a.    o dito Gonçalvo dos Carballos que dava parte por vyr a boa pas et concordia et amorio, que o puna en poder do dito Sueiro de Vylamarín que presente estava para que o vise et livrase et determinase con o dito Afonso Anriques, omen boon do dito Gonçalvo Rodrigues, como quisesen ou por ben tevesen, aviindo et conpoendo ou como achasen por dereito, e non se podendo ygoallar que tomas(en) anbos a dous ontre sy hun terçeiro qual elles quisesen et por ben tevesen para que
b.    o dito terçeiro con elles, todos tres en hun acordo, o librasen segundo dereito he et (fol. 51)

et que o librasen et determinasen en todo este dito mes de mayo, partes presentes ou ausentes, en día feriado ou non feriado et que toda sentença que desen que as partes estevesen en elo, sopena de dosentas dobras, para o qual diso que obrigava a sy et a todos seus beens etç. et dava poder conprido a qual quer justiça etç. et que renunçiava a todaslas leys et dereitos, et non se podendo livrar que
ficase enno ponto /e\ estado en que agora estava etç. conpromiso forte e firme etç. Tests. o dito Sueiro de Vylamarin et Joan de Sandoval et Alvaro da Fonte, Loys Garçia, Joan de Caldellas.