GMH/ÍNDICE A-Z

1147
1462, xuño, 21 luns. Lugo

O Cabido de Lugo, previa anulación da venda dun foro a favor do xudeu Isaac Chamizo, afóralles a Xoán Mariño e a dúas voces unha casa en Monforte por renda anual de 24 marabedís e a obrigación de lles dar pousada ós beneficiados.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 22 v.

En a ciudade de Lugo, dia lunes, viinte et hun dias do mes de juyo, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et seseenta et dous anos. Estando en a iglesia mayor da dita ciudade juntos os canonigos et benefiçiados et personas et dignidades da dita iglesia per son de campana tangida, segundo que o an de uso et de costume, açerca da porta por donde soben a os orgoos da dita iglesia, todos en seu capitulo en presença de min notario et testigos a juso escriptos, logo hun dos ditos canonigos se levantou estando os outros presentes sentados et disso como a notiçia de aquelles benefiçiados et del era novamente viido como Ruy Lopes, vesino da villa de Monforte, que Deus aia, tina do dito cabidoo huna casa en foro, que he en a dita villa de Monforte, que se dis da Capella Nova dos Reys, que he en a dita iglesia, et a tina por vida sua et de sua muller et de outras personas, o qual sen requerir a o dito cabildo vendeu et traspasou o dito foro et as milloranças del en Ysaque Chamiço, vezino da villa de Monforte, por lo tempo et personas que o el tina do dito cabidoo, por lo qual de dereyto o dito Roy Lopes cayeu en comiso et perdeu o dito foro et enphiteoso et debolveu a o dito cabidoo, ou a o menos o dito cabildo pode revocar o dito foro et enphiteosi et reduzillo a sy et conçederlo a outro si quesese, [...]mente por vender et traspasar o dito Roi Lopes o dito foro et enphiteosi en judio et ome de diversa fe da nosa, et en tal persona que de dereyto non deve aver susidios nen proveyto da aqual [contepne] et menospraçe. Por ende que aquestos senores et benefiçiados et el con elles non consentian en a dita vençion, nen traspasasion que o dito Roi Lopes fesera do dito foro et enfitioso en o dito Ysaque Chamiço, antes que en quanto con dereyto podian que a averian por ninguna et por deboluta a dita casa a o dito cabildo. Et sy de feyto se require revocaçion que por la presente revocavan et revocaron os ditos senores asi la vençion et traspasaçion que o dito Roy Lopes fezo en o dito Ysaque Chamiço, como he foro et enphiteosi que o dito cabildo fezo a o dito Roy Lopes, et reduzian et tornavan para elles et para o dito cabildo a dita casa et a dita posison dela, que asy tina aforada a o dito Roy Lopes et sua muller, et por quanto os ditos senores canonigos et benefiçiados da dita iglesia et el estando todos juntos en seu cabidoo acordaron todos de conçeder et dar en foro et emphiteosi a dita casa con as melloranças en ella feytas a Juan Marino, vezino da dita villa de Monforte, por seer persona boa et abonada et confiando del que a reparara ben et ha myllorara por vin que despoys que lla conçederen valera moyto mays que o que agora val, et rendera mays a o dito cabidoo. Por ende os ditos senores canonigos et benefiçiados et personas et dinidades da dita iglesia mayor et el con elles outorgavan et outorgaron a o dito Juan Marino huna carta de foro en o tenor seguente:

Sabeam quantos esta carta de foro viren como nos o cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo per son de campaa tangida, segundo avemos de uso et de custume dentro en a dita iglesia açerca da porta por donde soben a os orgoos da dita iglesia, avido primeyramente noso acordo et madura deliberaçion, entendendo que fasemos noso proveyto et de nosos subçesores se et en quanto de dereyto podemos, damos en foro et avervo a vos Juan Marino, morador en a villa de Monforte, et por vosa vida et de outras duas personas despoys de vos huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a tempo de voso finamento, et outra qual nomear aquella persona que por vos for nomeada, [et si non for nomeada] que seia persona do dito foro quen erdar vosos beens et da outra segunda persona, huna casa, que he da Capela Nova chamada dos Reys, que he sita et locada en a villa de Monforte sub o signo de San Viçenço da dita villa de Monforte, en que vos agora morades, et ias da huna parte cabo de outra casa de Roi Vasques da Porta de Çerca, et da outra parte ias cabo de outra casa de Costança Martines, que he da dita Capela dos Reys, et topa en a rua publica; a qual dita casa vos aforamos con sua orta et saydo et entradas et saydas et jures et pertenenças et agoas vertentes a ella perteesçentes de feyto como de dereyto, a tal pleyto et condiçion que vos et as ditas personas despoys de vos tenades a dita casa feyta, cuberta et ben reparada en tal maneyra que se non perga nen vaa a destruyçon por mingua de reparao; et dedes vos et as ditas personas depoys de vos de foro por la dita casa et orta viinte et quatro maravedis de longos por dia de San Martino de nobembre, en cada un ano, a nos o dito cabidoo, ou a quen ho por nos ouber de aver et recaudar as rendas et foros da dita Capela Nova chamada dos Reys, postos en pas et en salvo en esta çiudade de Lugo, et que quando se aconteçer de yr et estar en a dita vila de Monforte algun benefiçiado desta iglesia que lle dedes pousada et cama en a dita casa et agoa et fogo et sal; et que se alguna ou algunas personas vos movesen pleyto sobre este foro que o defendades a vosa custa et expensas, et demays que cada huna das ditas personas, que despoys de vos suçederen en o dito foro da dita casa et orta, que do dia que en el subçeder por foreyra fasta triinta dias logo seguentes nos vena notificar et insinuar como he foreyra do dito foro, sub pena que se o asi non fezer que por ese meesmo feyto perga o dito foro; et a finamento da postremeyra persona, que suçeder en o dito foro, que a dita casa et orta fiquen libres, quitas et desenbargadas a nos, o dito cabidoo, et a dita casa fique cuberta et ben reparada con todos los boos reparamentos que en ela foren feytos.

Et eu, o dito Juan Marino, que presente soo asi reçebo o dito foro de vos, o dito cabidoo, segundo dito he por las maneyras, modos et condiçoes sobreditas para min et para as ditas personas, et obligo a min et a meus beens et das ditas personas de complir et atender et pagar todo o suso contiudo, segundo et en a maneyra que en esta carta de foro se conten.

Et nos, o dito cabidoo, asi vos lo outorgamos, et porque seia çerto outorgamos et mandamos delo faser duas cartas de foro, anbas en un tenor, por lo notario juso escripto huna para vos, o dito Juan Marino, et vosas personas et outra para nos, o dito cabidoo, et nosos suçesores, et por mayor firmeza mandamos seellar con noso seello pendente a carta de vos, o dito Juan Marino. Et outrosy vos damos noso poder complido para que vos posades tomar a posison da dita casa con todo o sobredito en a maneyra et forma que a nos poderiamos tomar.

Que foy feyta et outorgada en a dita çiudade de Lugo en a dita iglesia et lugar, dia, mes et ano sobredito.

Testemoyas que foron presentes: Afonso Martines de Galdo, chantre; Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon; Gonçalvo Rodrigues de Parrega, tesoreyro; Rodrigo Afonso, Gomes Vasques, Juan Vidal, Diego Ferrnandes, Diego Vaasques, Lopo Garçia et Pedro Ferrnandes de Mera, canonigos da dita iglesia, capitulantes.

Et eu Pedro Afonso, canonigo et notario publico da dita ciudade et obispado de Lugo por lo senor Obispo et iglesia desse lugar, a todo o suso contiudo con as ditas testemoyas presente foy et este instromento et carta de foro por outro fige escrivir seendo eu ocupado de outros negoçios, et aqui puge meu nome et signal acustumado en testemoyo de verdade que he tal. Rogado et requerido.