GMH/ÍNDICE A-Z

126
1433(?), febreiro

Pedro Martis de Caritel, toneleiro de Pontevedra, dona a Juan de Deus e á suá muller unha casa na Rúa da Fontaina con cargo de 8 mrs. para o mosteiro de San Francisco.

(ff. 60 v e 60)

Predito. Sabean todos que eu, Pero Martis de Caritel, toneleiro, besiño da villa de Pontevedra, que soo presente, non costrengudo por força nen por engãno resçebido, mas de mĩa libre et propia voontade, dou et outorgo en pura, justa et saa doon para todo senpre, asi como doaçon mellor pode et deve seer et de derito mas baler ontre vivos, a vos Juan de Deus, toneleiro, besiño da dita villa, que sodes presente, et a vosa moller Maria de Cordeiro, et a todas vosas vozes et suas, toda aquela mĩa casa que esta ẽna Rua da Fontayna, fiigresia de San Bartolameu da dita villa, a qual vay de longo por tavoado con outra casa de vos o dito Juan de Deus, et eso mesmo vay de longo por tavoado con outra casa de Juan Rodrigues, toneleiro, morador na dita villa, et de Maria de Portas, moller que foy de Juan de Portas, que Deus perdon, et vay entestar en outra casa de Duan Fernandes, toneleiro, vesiño da dita villa, et sal con portaes et portas aa dita rua de Fontayna, et a qual a mĩ perteesçe por herança de Juan Rillon, pedreiro, meu tio, que Deus perdon; et esta doaçon vos faço asi de toda a dita casa et de toda sua pedra, tella, ferro, madeira, et con seu terreo en que esta, et entradas et seydas et pousos, jures et agoas vertentes et perteensças et dereituras que lle perteesçen et perteesçer deven de dereito, por muita ajuda et obra boa que de vos resçebi et entendo resçeber, et por lo devydo et parentesco que convosco ey, et por que me pras et he mĩa voontade; et de mas que vos et a dita vosa moller et bosas vozes que dedes et pagedes para o lume do moesteiro de San Françisco da dita villa oyto mrs. da moeda vella, contano a branqua en tres dineiros, cada un ano para todo senpre, que o dito lume ha en salvo de penson ẽna dita casa, en maneira que a mĩ et a meus bees quitedes delo a pas et a salvo por senpre; et prometo et outorgo de vos non revocar esta dita doaçon que vos asi faço en vida nen en morte, nen procure que se revoque, ante prometo et outorgo de vos anparar et defender con ela de todo enbargo, salvo do dito cargo dos

(esta escritura continúa no f. 60)

(Aquí continúa a escritura 131 que comeza no f. 62 v)

con a casa de Canedo pode aver tres anos, et demandarlos sobre elo en juso, et dar carta de pago, et fazer sobrelo todas la prendas etc. Testemoyas: Juan Rodrigues murçiano et Juan de Oblanca, montero de rey, et Toribio Martis de Leon et Afonso Gonçalves, fillo de Pedrete adl.