GMH/ÍNDICE A-Z

789
1379, xaneiro, 20. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Fernando Eanes, clérigo, e a dúas voces o casal de Boncomenzo por renda anual de 12 moios de viño.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 98v.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos don Johan Afonso, dayam, et cabidoo et homes boos da iglesia de Lugo, seendo juntados \enno coro desa iglesia/ por camppa tanjuda, segundo que avemos de uso et de costume, damos aforo et avervo a vos Fernan Eanes, clerigo, prelado da iglesia de San Romao, por en todos vosos dias et de outras duas pesoas pus vos, huna qual vos nomeardes a tempo de voso finamento et outra qual nomear aquela que de vos for nomeada para esto, o noso casal chamado de Bon Comesço con todas suas casas et herdades et dereyturas et pertenenças, o qual dito casal he dos aniversarios desta dita iglesia, a a tal pleito et condiçon que vos o dito Fernan Eanes et pesoas sobreditas que para esto foren nomeadas lavredes et façades lavrar et parar ben as vinnas et herdades do dito casal en guisa que se non perçan con mingoa de lavorio do que lles feser mester, et reparar et manteer as casas do dito lugar en boo estado. Et dedes de cada anno vos et as ditas pesoas que foren nomeadas, de renda en pas et en salvo enno dito lugar, a aquel ou a aqueles que ouveren de recadar as rendas dos aniversarios, dose moyos de vinno por medida dereyta, do mellor que ouver ennas vinnas do dito casal et que non aia agua nen pouço que lle seia lançada por maos de home nen de muller, et este vinno que se pague de San Martino ata Natal. Et a finamento da postrimeyra pesoa que para esto for nomeada que o dito casal et herdades del fiquen livres et quitas et desenbargadas et ben lavradas, et as casas ben reparadas et feytas et en boo estado a a dita iglesia de Lugo con todos los boos paramentos que en el foren feytos. Et este foro non no avedes a vender nen supinorar, nen eallar a cavaleyro, nen a escudeyro, nen a donna, nen a outro omme poderoso.

Et eu, o dito Fernan Eanes, que presente estou asy reçebo de vos, os ditos dayan et cabidoo, o dito foro et vervo con as ditas condiçoes por min et por las ditas pesoas, et obligo min et todos meus bees et seus dellas de o comprirmos en todo commo dito he. Et nos, os ditos dayan et cabidoo, asy vos-lo outorgamos. Et porque esto seia çerto nos os ditos dayan et cabidoo et Fernan Eanes rogamos a Pedro Afonso, notario publico de Lugo, que fezese d’esto duas cartas en hun tenor tal huna commo outra, huna no livro do cabidoo et outra a o dito Fernan Eanes, signadas de seu signal, et por mayor firmidoe mandamos seellar esta carta de noso seello.

Feyta en Lugo, viinte dias de janeyro, era de mill et quatroçetos et dez et sete annos.

Testemoyas que foron presentes: don Johan Afonso, dayan sobredito; don Gonçalvo Eanes, chantre; don Rodrigo Afonso, arçidiago de Deça; Diego Gomes, thesoreyro; Tomas Gomes, Fernando Peres, Afonso Ferrnandes, coengos; Alvar Ferrnandes, Afonso Eanes, Jacome Ferrnandes, raçoeyros; Gonçalvo Rodrigues, Afonso Peres, clerigos, et outros ts.

Et eu Pedro Affonso, notario sobredito dado por la abtoridade do sennor obispo desse lugar, a todo esto que sobredito he presente foy et a pedimento dos sobreditos dayan et cabidoo et Fernan Yanes esta carta en minna presença fiz escrivir, et puge en ela meu nome et signal en testemoyo de verdade que he tal.