GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Fragmentos de notarios

H43
1435, decembro, 23
O escudeiro Lopo de Mugares afora a perpetuidade a Gonzalo de Fontao un leiro de viña sito en Santa Marta de Velle por sexta. (fols. 17v-18)

Carta de Gonçalvo de Fontaao.

En este dito día, sabean quantos esta carta de aforamento viren como eu Lopo de Mugares escudeiro dou et outorgo aforo a vos Gonçalvo de Fontaao que sondes presente et a todas vosas voses para senpre, conben a saber que vos aforo huun leyro de viña que jaz enna freigesía de (fol. 17v)
Santa Marta de Bele, onde chaman Caschagova, enno lugar onde chaman o Bachecon, et parte de huna (p)* das partes con viña de vos o dito Gonçalvo de Fontaao et da outra parte con viña de Lopo de Amoeyro, et aforo vosla con todas suas etç., por tal condiçon que a labredes etç. et façades dela a min et a minas voses foro de sesta et do al de disemo a deus etç. se quiserdes vender etç. et obrigo meus beens etç. Et eu o dito Gonçalvo de Fontaao obrigo meus etç. Penna çen.- etç. Tests. Meen Suares, Joan do Bouteiro et Fernando da Caal, omen do dito Lopo de Mugares.