GMH/ÍNDICE A-Z

150

1420, agosto, 8.
Domingo Longo, servente do Concello, declara ter recibido 120 maravedís, importe do seu salario anual.

Quinta feira, oyto dias do mes de agosto. Sabean quantos esta carta viren como eu Domingo Longo, servente do conçello da çidade de Santiago, outorgo e conosco que reçeby de vos Nuño Vinagre, procurador do dito conçello çento e viinte maravedis, branqua en tres dineiros, os quaes son do meu selario deste anno da feita desta carta e renunçio a toda exepçon que non diga delo o contrario e a ley do aver non dado e contado, visto nen reçebido nen pagado en presença do notario e testemoyas e dou deles por livre e quito a o dito conçello e a vos o dito Nuno Vinagre en nome del. E eu o dito Nuno Vinagre que presente sõo asi o reçebo. Testemoyas: Jacome Garçia Queijo e Garçia Rodriges e Juan Raposo, canbeadores e Rui de Never escudeiro e Gonçalvo de Millares, alfayate, visiños da dita çidade.