GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Fragmentos de notarios

D38
1459, marzo, 19

Inés González de Deza vende a Xoán González de Deza, arcediago de Baroncelle, a súa casa con adega e un soar anexo, sitos na rúa dos Zapateiros, por 2600 mrs., ela debíalle 360, 800 entregarallos ao mestrescola por outra débeda e 1440 págallos en efectivo. (fols. 13v-14)

Feita e dada. Carta de Joan Gonçalves de Deça (...).

Sabean quantos esta carta de venda viren co(mo eu) Eynes Gonçalves de Deça (arçediano de Baronçelle)* vesiña (et m)oradeira enna çidade d’Ourense, vendo firmem(ente) /por min e por toda mina voz\ et logo por esta presente carta entrego a vos Joan Gonçalves de Deça arçediano de Baronçelle enna iglesia d’Ourense que sondes presente et a todas vosas voses de disemo a deus para senpre, conben a saber que vos vendo as miñas casas en que eu moro, que son miñas de disemo a deus do çeo a terra, con sua(s)* adega e camaras et sobrados et con o soar que foy casa que esta tras las ditas casas /as quaes estan enna çidade d’Ourense enna Rua dos Çapateiros\ as quaes parten de huna das partes con casas e adega de Afonso Anriques et da outra parte con casas et adega que foron de Sancha Lourença et teen as portas enna rua publyca dos Çapateiros, as quaes ditas casas vos vendo con todas suas entradas et seydas et dereitos et jures et perteesças por hu quer que os ajan et devan aver de dereito, por çerto preço que a vos et a min aprouvo de me conpra dardes por las ditas casas, conben a saber dous mill et seysçentos mrs. de moeda vella branca en tres dños., dos quaes me logo dou et outorgo de vos por entrega e ben pagada, por quanto mos pagastes en esta maneyra, tresentos et seseenta mrs. vellos branca en tres dños. que vos eu devia et oytoçentos mrs. da dita moeda que avedes de pagar por min Afonso Anes meestre escola enna iglesia d’Ourense et mill et quatroçentos et qoreenta mrs. da dita moeda que me destes et pagastes logo en dños. feitos et contados en dobras douro et asy son conpridos os ditos dous mill et seysçentos mrs. et se mays val de conpra as ditas casas con sua adega et sobrados et pardeiro (de tras)* que os ditos dous mill et seysçentos mrs. dou vos o mays en pura doaçon legytima e verdadeira et valledeira para senpre, segundo que doaçon mellor et mays conpridamente por seer dada ontre vyvos et mays de dereitos deve valler por moytas boas obras et graças et ajudas que de vos IIM DC.- e que pagemos alcavalas e vendas (fol. 13v)
ajo (reçeb)ydas, as quaes ditas casas vos vendo sen a (...) de baixo et sen madeira e trabons que eu a(...)o, et que more en elas ata dia de Santa Oufem(ea) primeira que ven et que pagedes as vendas et (as) alcavalas por vos et por min /e con estas condiçoes vos vendo as ditas casas\ et logo todo jur, dereito, senorio, posison, propiadade, vos et auçon que eu et todas miñas voses ajo et teno ennas ditas casas, todo o tiro et removo et parto de min et de todas miñas voses et as pono, dou et traspaso en vos o dito Joan Gonçalves arçediano et en todas vosas voses de disemo a deus para por senpre et por esta presente carta vos pono, meto et apodero enna teença et posison corporal rayal das ditas casas sen mays alcallde nen juis nen outra justiça para elo seer chamada et obrigo todos meus beens movelles e reyses, avydos et por aver para vos faser saans et de pas as ditas casas et para vos defender con elas a dereyto, et renunçio que nonca desto diga o contrario en juiso nen fora del por min nen por outro en nihuun tenpo nen por alguna maneyra et a todas las leys et dereytos, foros et ordenamentos escriptos et non escriptos, asy canonicos como çeviis, et qual quer da miña parte como da estrana que vos contra esta carta de venda et contra as cousas en ela contiunda quiseer yr ou pasar en parte ou en todo, aja a yra de deus conpridamente et a miña maldiçon et de mays que peyte a vos et a vosos erdeiros por nomme de pena, postura et ynterese tres mill mrs. de boa moeda et a vos del rey outros tantos, et a dita penna pagada ou non esta carta et as cousas en ela contiundas fiquen firmes et vallan para senpre.
Feita a carta enna çidade d’Ourense, des et nove dias do mes de março, anno domini Mº CCCC LIX annos. Tests. que foron presentes frey Gonçalvo gardian do mosteiro de San Françisco d’Ourense et Lopo Sanches et Pero d’Ortega et Diego de Codeiro escudeiros et criados do dito arçediano. (fol. 14)