GMH/ÍNDICE A-Z

E2-21
1435, maio, 19
Ante a protesta formulada polo pregoeiro porque o xuíz Pedro Fernández lle prohibira emprazar os veciños ante o xulgado, o Concello ordena a prioridade dos homes dos xuíces para facelo e a facultade do pregoeiro para proceder en ausencia deles, así como a tarifa de 2 diñeiros por cada actuación. (fol. 11-11v)

Ordenanças denpraseos e pregoons.

E despois desto, enna dita çidade d’Ourense, a XIX dias do dito mes, enno Parayso da iglesia de San Martiño, presentes y, dia quinta feira, sobre dito día, en conçello, segundo que an de uso de se ajuntar a quinta feira, Garçia Dias d’Espinosa, Gomes de Chantada, Alvaro Afonso, Estevo Fernandes, Loys Gonçalves rejedores /Afonso Ares procurador do dito conçello\ Domingo Fernandes pregoeiro (se lles)* da dita çidade se lles qeixou que Pero Fernandes, juis da dita çidade, que le defendía que non enprasase (o qual)*, salvo que enprasasen seus omes do dito juis e que asy fora senpre usado et que asy llo defendera o dito juis, o qual o dito Domingo Fernandes diso que os pregoeiros da dita çidade que senpre esteveran et estavan en posison de enprasar e que asy era custume que enprasasen quaes quer personas da dita çidade perante os juises dela, et por ende que lles pedia que, por quanto o dito Pero Fernandes lo defendía, que remediasen en elo. Et logo os ditos rejedores diseron que o dito pregoeiro que enprasase non podendo seer avydos omes dos juises da dita çidade et estando presentes os dos juises e o dito pregoeiro que enprasasen os omes dos juises e non podendo seer avidos omeens dos juises que enprasase o dito pregoeiro, et pero sendo requerido o dito pregoeiro por alguuns dos vesiños da dita çidade para enprasar, se os omeens do dito juis non estevesen presentes, que o dito pregoeiro podese enprasar, et que mandavan et ordenavan que o dito pregoeiro nen os omeens dos ditos (fol. 11)
juises que non levasen mays por enprasar cada persona de dous dños. de cada enpraseo, et que o notario da contomaz que non levase senon dous dños. et o dito pregoeiro de cada pregon dous dños., et que asy o mandavan et ordenavan. Tests. Pero Sanches de Baeça arçediano de Baronçelle enna iglesia d’Ourense et Gomes Yanes canonigo enna dita iglesia et Pero Lopes do Rigeiro e Diego Pato. (fol. 11v)