GMH/ÍNDICE A-Z

D128
1459, abril, 26
Rodrigo García, Afonso de Sorveira e Diego de Vilafranca, que estaban presos por mutuas demandas, retiran estas e poñen fiadores como garantía. (fol. 40v)

Afonso de Sorbeyra et Rodrigo Garçia et Diego de Vilafranca.

A viinte et seys de abril, en Ourense, por rason que estavan presos en cadea Rodrigo Garçia et Afonso de Sorbeyra et Diego de Vilafranca por querellas que avian dadas huuns dos outros, que por ante os ditos alcalldes se par(t)ian delas, et os ditos alcalldes deron liçençia a ellas, et elles se obrigaron de non errar huuns aos outros nen outros aos outros porque se perdoavan, et de non errar huuns aos outros nen outros aos outros en dito nen en feito nen consello e a boa fe e sen maao engano, sopena de pagaren todo o mal et dano que sobre elo recreçer, para o qual o dito Rodrigo Garçia deu por fiador Afonso Fernandes et Afonso de Sorbeyra a Loys Gonçalves rejedor et Diego de Vilafranca Afonso Anriques, os quaes se obrigaron por taes fiadores e de pagar todo o mal et dano que sobre elo fesesen hun ao outro ou de os tornar a dita cadea, para o qual obrigaron sy et seus bens, deron poder a qual quer justiça etç. Tests. Gomes de Ribadiso, Ares de Monterroso, Lopo de Bueyros et Lopo das Quintaas, Joan d’Ourense.
Et os ditos prijoneiros se obrigaron de quitar a pas et a salvo aos ditos seus fiadores etç., para o qual obrigaron sy e seus bens e de ser boons amigos huuns dos outros, et os ditos alcalldes lles mandaron mays que o tevesen todo asy e non errasen huuns aos outros, pena de seysçentos mrs. e de estar a mandamento dos ditos juises. (fol. 40v)