GMH/ÍNDICE A-Z

203

1485, marzo, 1. Vilamaior-Mondoñedo.
Escritura pola que os arrendatarios da administración de Bretoña e Lourenzá lles aforaron a Xoán del Castillo e á súa muller o casarío de Ramallal, sita no val de Lourenzá.
A. perg., con signo notarial, de 245 x 232 mm. Letra cortesá.

Enno nomme de Deus. Amen. Sepan quantos esta carta de aforamento viren commo nos Pedro Ares de Vaamonde et Lopo de Março et Aluaro de Março / canonigos et aministradores da aministraçon de Bretonna et Lourençaa por los sennores dean et cabildo da iglesia de Mondonnedo / de consentimento de los sennores canonigos et benefiçiados da dita iglesia et entedendo qu he prol et voo paramento nosso et da dita iglesia de Mon/donnedo et de los suçesores que despoys de nos vieren a la dita aministraçon aforamos et damos a foro a vos Juan de Castillo et a vosa muller Maria Afonso / et outras seys personas quales vos nonbrardes en voso testamento et mays por veynte et nobe annos conben a saber que vos aforamos a nosa / casaria de Ramallal con suas entradas et saydas alto et baixo herdades brabas et mansas por dondequer que van agoas et pastos segundo que senpre / andou et se labrou a dita casaria por lo qual dito casal et herdades nos avedes de dar et pagar de renta de cada vn anno a nos et a todos aquelles / que foren aministradores dose çeramins de boo çenteo lynpo et mallado enno mes de agosto medido por lo çeramin dereyto de Vylamayor. / Et por quanto la dita casa esta mal reparada la avedes de faser et aprestar fasta dous annos primeyros siguentes ou se vos / bier en voontade de a mudar a outra parte enna herdade da dita casaria que la mudedes et fagades. Et avedes de seer caseyro da dita iglesia et vasalo / obediente et pagar la loytosa cada et quando que la Deus queser dar enna dita casaria. Et con esta condiçon vos aforan esta dita casaria que la / non posades vender nin cousa que a ela perteesca a donna ni a escudeyro iglesia nin a monesteyro nin a omme poderoso saluo que primeyro / sejamos frontados et requeridos con ella ou aqueles que foren a sason aministradores de la dita aministraçon et se la queseren por lo justo / preço tanto por tanto quanto outro por ela der con verdade que seja noso et non lo querendo que o vendades a persona synple que seja symital / de vos que labre et repare ben el dito foro et lo pague. Et el dito Juan de Castillo que presente estaba diso que por sy et en nonne de sua muller / et voses del desçendentes que reçebia a dita casaria con suas herdades con el foro sobredito et que obligaua a sy et a todos seus bens mobles / et rayses avydos et por aver de lles pagar en cada vn anno aos ditos aministradores que agora son et a los que foren desde aqui en adelante / los sobreditos dose çeramins de boo çenteo por la medida sobredita mallado en el mes de agosto en cada vn anno vyndeyro et de faser la dita / casa ao plaso de arriba lymytado para o qual diso que renunçiaba todas las leys foros vsos et costumes nobos et vellos et todo outro dereyto / que por sy podese alegar et espiçialmente renunçiou aquela ley et dereyto que dise que general renunçiaçon non valer esta con todas las outras / leys et dereytos diso que renunçiaba. Et los sobreditos aministradores diseron que de consentimento et outorgamento de los ditos sennores / que asy lla dauan et outorgauan por las condiçiones sobreditas. Et desto en commo pasou los sobreditos sennores aministradores mandaron / a min el notario de juso escripto que lles fesese delo hua carta de foro ou duas ou mays aquellas que fosen menester et la signase de meu signo / asy commo chançeller del cabildo. Et el dito Juan de Castillo pedeulo todo asy signado. Que foy feyto et outorgdo enno coro da iglesia cathe/dral da çibdade de Vylamayor a sayda da Prima por canpaa tangida o primeyro dia do mes de março anno do nasçemento do noso Sennor Jesucristo de / mill et quatroçentos et oytenta et çinquo annos. Testigos que foron presentes Afonso Rodrigues Lopo de Labrada Vaasco Ferrnandes raçoeyros et Roy Garçia / Coo suchantre et Martin Vasques o nobo.
Et eu Pedro Ares de Vaamonde canonigo da iglesia de Mondonnedo et notario publico do sennor obispo de Mondonnedo / enna sua çibdade de Vylamayor et en todas las outras vilas et lugares de todo o seu obispado et chanceller / de los sennores del cabildo a todo lo de arriba que dito he en vn con los ditos sennores canonigos et aministradores / presente foy et asy lo vy et oy et en minna nota et registro lo resçeby et este publico de instrumento escripui / et de rogo de las ditas partes aqui puge meu nomme et signo acostumado que taes son en testimonio de verdade. Petrus Arie canonicus et notarius (Rúbrica). (Signo).
(Reverso):
Num. xlviii. Foro da casaria de Ramallal.