GMH/ÍNDICE A-Z

110
1457

-110-

Juramento / Áluaro.

En Rriãjo, XIIJ djas de otubre. Este dja por mãdado de Sueyro Gomes / fiso juramẽto Ferrnand Rrodriges de Galtares, sobre hũu cruçifiçio dentro da egleia / de Santa Coõba, en forma de dereyto, et çétera, e diso que esto era o que sabía en rrasõ / do rroýdo e questiõ que ouverõ Jon Garçía de Baltar e Áluaro de Rriobõo: que chega/ra ao dito lugar de Baltar o dito Áluaro de Rriobõo e que Jon Garçía estaua dentro / de hũa eyra e que a moller do dito Jon Garçía acusara ao dito Áluaro de Rriobõo de/séndolle que lle fora escusado de vyr por allý teẽdo desõrrado a súa / yrmãa e avendo posto a rroupa á porta do dito Jon Garçía ou sabía qu(e)ẽ / la posera. E o dito Áluaro lle rrespondeu e disera que saluo a súa graçia4, que nũca Deus quisese que el tal fesese, nẽ venrría que(e)n lo disese cõ / verdade. E que entõ o dito Jon Garçía lle disera: "mao te será a ty de negar / que o nõ feseste, ou sabes que(e)n lo feso". E que o dito Áluaro lle tornara: / "disés o vos así, eu farey salua sobr'elo cõbosco ou cõ que(e)n lo / diser de hũu ferro que[n]te369"; e que Jon Garçía lle tornara: "dígoche370 / que mo diserõ así". E que deste feyto tãto sabía para o juramẽto que / feyto avía. Testigos que forõ presentes ao jurar e declarar: Afonso Garçía de Vjmyero, / escudeyro, e Lopo4 de Meçõso. //

__________

4. Leva un trazo sobre a palabra.
369. Está escrito qte cun trazo por riba.
370. Despois está riscado ge.