GMH/ÍNDICE A-Z

7
1292xuño, 4

sentenza

Sentenza real ditada polo xuíz Ares Pérez de Eiriz sobre o asasinato do xuíz da cidade Martín Nánez, feridas e incendios cometidos na rúa Nova por xentes do bispo e cabido

 

ACOu, Privilexios III, 31

(ed. M. Castro / M. Martínez Sueiro, Colección de Documentos del Archivo de la Catedral de Orense, I, 212-216; M. B. Vaquero Díaz / F. J. Pérez Rodríguez, Colección documental del archivo de la Catedral de Ourense, II, 521-524, doc. 675)

 

Sabeam quantos esta carta viren que nosso señor don Sancho porla graça de dios rey de Castella, de Leon, de Toledo, de Galliça, de Sevilla, de Cordova, de Murça, de Jahen e del Algarbe veo a villa de Ourense no mes de jullio que passou na era de mill e treçentos e veynte e nove annos et por muy gran discordia que achou na villa de Ourense ontre os ommes boons de y do conçello da una parte e outros muytos desse conçello que se chamavan partre do bispo e do cabidoo da outra parte, el rey nosso señor tevo por bem de meter ontre elles paz e concordia por que vivessen todos seguros na villa e que se non feçessen y outros feytos maos nen disaguissados posso tregoa por dez annos ontre elles todos quantos eran moradores na villa de Ourense, assi ontre aquelles que eran parte do conçello commo ontre aquelles que se chamavan parte do bispo e do cabidoo en aquesta maneyra: que todos aquelles que a britassen e aa non gardassen assi commo a el puyna que fossen seus alleyvossos et que nen elles nen suas molleres nen seus fillos nen outros de sua liñagen nunca herdassen os seus beens, et que se conprisse a sua justiça nos corpos delles commo en alleyvossos. Et el rey leyxando este assessegamento na villa de Ourense, aquelles que se chamavan parte do bispo e do cabidoo, ommes e mulleres, allvoroçaron a villa de Ourense muytos con armas, conven a saber cun lanças, escudos, pespontos, beestas e cun voz de apillido foron a rua Nova de Ourense e conbateron as cassas de Martin Nanes juyz del rey cun pedras e cun seetas e posseron fogo as portas e aaçenderon aquellas cassas e outras de y da rua que son dentro na çidade de Ourense e deron enton a este Martin Nanes huna seetada onde morreo e chagaron y outros ommes e molleres que estavan en aquella cassa. Depoys desto estes que aquy dirá e outros da villa de Ourense correron de pus Fernan Dominguez da rua Nova que era omme seguro e arrequeyxaron no na igleia de Seyxallvo. Esto todo e outros feytos maos e diss[a]gisados que feçeron en Ourense na tregoa que el possera ontre elles, el rey avendo querella de commo mataran Martin Nanes seu juyz e britaran a sua tregoa en muytas maneyras, tevo por bem que todos aquelles e aquellas assi clerigos commo leygos que foran na morte deste Martin Nanes e britaran a sua tregoa que el possera ontre elles por dez annos e que vollveram a çidade cun poder de ommes e de armas e non agardaran o seu mandmento, que perdessen os corpos e os averes assi commo aquelles que britaran tregoa e despreçaran mandamento de señor natural. Sobre esto enviou suas cartas a Diago Gomez de Roa seu endeantado mayor en Galliça e a Matheus Benevente seu alcalde que veessen a Ourense e que feçessen justiça en todos aquelles e aquellas que foran na morte de este Martin Nanes e britaran a tregoa que el possera, en qual maneira quer que a britassen. Et mandou a min Ares Perez de Viriis sua merçee que estevesse por el en Ourensse e feçesse y justiça en todos aquelles e aquellas que foran na morte de Martin Nanes sobredito e britaran a tregoa que el possera e recadasse todo o aver delles assi movil commo rayz para se façer del o que el mandasse, e Matheus Benevente alcalde del rey e eu feçemos pesquisssa en Ourense sobre esta morte e sobre la tregoa que britaran por sabermos quaes eran aquelles que foran en esto culpados, e pella pesquissa que feçemos achamos que os que aquy dirá foron na morte de Martin Nunes e britaron a tregoa que el rey possera e son culpados en aquesta maneira, uus que foron na morte deste Martin Nanes e posseron fogo na rua e chagaron y ommes e mulleres, et outros que se en correron da villa por raçon desta morte e da tregoa que britaron e que eran sua parte e se alvoroçaron da villa cun elles e foron enpraçados por muytas veçes que veessen estar a dereyto e non quisseron viir a conpryr de dereyto nen obidiiçer ao mandado del rey para que foron pregoados e enplaçados segundo o dereyto manda. Sobre esto eu Ares Perez o sobredito, examinada a pesquissa que fiz cun Matheus Benevente e autra que fiz depoys que se fuy este Matheus Benevente, a qual pesquissa foy toda feyta e escrita por mao de Johan Perez notario de Ourense, dou por sentença por feytores da morte de Martin Nanes juyz del rey e que britaron a sua tregoa, que el posso en Ourense co unos que mataron a Martin Nunes e britaron a tregoa del rey e outros que eran parte delles e se en correron da villa e nunca quisseron pareçer a dereyto (...) foron pregoados e enplaçados por muytas veçes e son estes que aquy dirá, Pero Eanes castelleyro, Fernan Perez carniçeyro, Fiel Garçia, Johan Tinqo, Johan Domingues carniçeyro dito (...) Tarquiña, Pero de Dorra, Pero Grañon, Fernan Mangon carniçeyro, Migueel Martinez dos Brancos, Domingo Martinez de Fonte Arcada, Affonso Anes clerigo da Fontayna, Pero Eanes dito Melleyro, Domingo (Al)vardan e sua moller, Domingo Anes dito Gallego, Martin Çentulo, Pero Eanes fillo de Johan do Bayco, Domingo de Outarello, Johan Mouro, Martin Topete, Johan Martinez escudeyro, Lourenço sobrino do frade, Johan Porteyro, Affonso Perez notario, Garçia Martinez dito Coçineyro, Salvador Eanes de Gostey, Garçia Eanes, Lourenço Matricolaz ommes do bispo de Ourense, Pero Ponton beesteyro, Fernan Çapata, Lourenço Anes dito Porcote, Johan Fernandes seu cunado, Pero Villar carniçeyro, Martin de Veyga, Lourenço seu sobrino, Domingo Sanin çapatoeyro, Pero Lourenço çapateyro, Lourenço Cavanal, Pero çapateyro e sua moller, Johan Eanes çapateyro, Johan Garçia fillo de Fiel Garçia, Johan Affonso, Pero coytelleyro, Johan Perez carniçeyro, Johan Porcallo, Johan da Ponte, Ruy Sineyro, Martino do dayan de Ourense, Maçia Perez seu omme, Fernan Miguez pilliteyro, Maçia omme do castelleyro, Martin Affonssyn, Johan de Santiago fillo de Pero Fernandez reiedor, Johan Ruvo carniçeyro, Martin Parente, Garçia Eanes correyro, Fernan Gayta e Fernan Vello, Johan de Villanova e Pero Abril ommes do chantres de Ourense, Pero Sotil, Dominga da Boca teçedeyra, Fernan Gonçalvez escudeyro e Faracho mouro de Nunu Gonçallvez, Domingo de Santa Locaya, Pero Lourenço omme do casteleyro, Tereya e Mayor mançebas de Fernan carniçeyro, Johan das Eyraas, Fernan Bochon, Johan Adanez, Fernan Criado e sua muller, Johan Fernandez carniçeyros, Martin de Geestossa correyro, Domingo seu custureyro, Johan espelleyro, Johan Mooçino, Pero de Moura, Payo omme que fuy de don Johan Eanes, Marina Dominguez yrmaa de Pero Frade, Pero Eanes alffaeate e sua muller yrmao de Fernan Anes alffayate, Johan Perez marido de Marina Bocaa, Domingo Paez de Beyro, Pero Martinez sobrino de Pero Frade, Pero Perez Pam a Costas, Johan de Seyxallvo çapateyro, Johan Martinez çapateyro e sua muller, Johana Perez, Domingo Eanes çapateyro, Gonçallvo Namorado, Fernan Eanes odreyro e sua muller, Pero d’Oseyra Ruy Perez meestre, Marina Doorta paadeyra, Johan Castron omme de Migueell Eanes coengo, Miguel do Sisto e sua muller, Maria Carvalla, Gonçallvo de Pol, Pero de Chao clerigo, Domingo Calcanares clerigo, Moor Bota, Johan de Raveenda çapateyro, Johan Lourenço beesteyro, Maria Gaçea paadeyra, Tereya Moura, Tereya da Canicouva, Domingo das Vinas, Johan Cansado, Pero Saiamunde, Johan Martinez çapateyro, Domingo Martinez ferreyro, Ruy Fernandez alffae[a]te, Pero Dente e sua muller. Et estes e estas sobreditos doos por feytores da morte de Martin Nanes e que britaron a tregoa que el rey poso, et reçebo quanto elles avian para el rey. Et se alguuns ou algunas destes sobreditos avian alguuns herdamentos que devessen a teer ou a herdar en sua vida, que el rey os aya en sua vida delles e depus morte delles que fiquen a aquelles que deveren de dereyto, et deyto todas as suas herdades en regaengo asi que nunca elles nen suas mulleres nen seus fillos nen outre nenguun de sua parte possan herdar os seus herdamentos. Et demays de todos aquelles e daquellas que depoys tanger a pesquissa que farey que aynda non é acabada. Sobre esto mando de parte del rey e rogo da miña a todos los conçellos, juyçes, justiças, meirinos, algaziiis, comendadores, pertigeyros e todos los outros aportellados do senorio de nosso senor el rey don Sancho que do quer que achen estes sobreditos e sobreditas ou cadauus delles que os recaden e façan en elles aquella justiça que se deve façer en ommes que mataron o juyz del rey e britaron a sua tregoa e foron contra mandamento de seu senor natural. Esta sentença foy leuda no conçello de Ourense, pregoado e ajuntado en San Françisco, quatro dias do mes de juyo, era de mill e treçentos e triinta annos. Testemuas que pressentes foron don Aras Paez de Ourense, Gonçallvo Miguez meyrino de Diago Gomez, Beyto Fernandez, Fernan Dominguez, Pero Martinez, Pero Eanes de Çima de Villa, Nunu Fernandez, Migueell Fernandez, Garçia Fernandez, Domingo das Messas mercador, Estevoo Perez e outros muytos.

Et eu Johan Perez de / Ourense notario da igleia de Roma e del rey a esto foy presente e de mandado do dito Ares Perez este instrumento ende fiz, no qual meu sinal puge en testemunyo de verdade.

Eu Johan Dominguiz notario publico de Ourense fis tralladar esta sentença en mina presença de vervo a vervo de huuna sentença feyta por mao de Johan Peres notario deste meesmo lugar, sacado o sinal, no qual trallado puge meu nomme e meu sinal en testemunyo de verdade.

(sinal)

[reverso]          Tregoa que foi posta entre o bispo e

                       o conçello por el rey don Sancho.

Materias

meiriño; proceso; adiantado; alcalde; alcume; alguacil; armas; besteiro; bispo; cabido; cabido; carniceiro; casas; casteleiro; chantre; cociñeiro; cóengo; coiteleiro; comendador; concello; convento; correeiro; crego; crego; crego; deán; delito; dereito; dignidades; emprazamento; escritura; escudeiro; esposa; esposa; esposo; esposo; familia; familia; fidalgo; fillo; fillo; frade; herdanza; herdeiro; igrexa; incendio; indagación; irmá; irmán; lei; malfeitor; manceba; mandamento; meiriño; mercador; mestre; mouro; muller; notario; notario; notario apostólico; odreiro; orde dos Irmáns Menores; pai; panadeira; pedra; pena; pertegueiro; porta; preito; publicación; rebeldía; reguengo; rexedor; rexedor; rúa; seguro; sentenza; sobriño; tecedeira; tío; traslado; veciñanza; viaxe; violencia; xastre; xuíz; xustiza; zapateiro; rei

Persoas

Afonso Eáns, crego; Afonso Pérez, notario; Ares Paez de Ourense; Ares Pérez de Viris; Bieito Fernández; Diego Gómez de Roa, adiantado de Galicia; Dominga da Boca, tecedeira; Domingos Albardán; Domingos das Mesas, mercador; Domingos das Viñas; Domingos de Outarelo; Domingos de Santa Locaia; Domingos Eáns, dito Galego; Domingos Eáns, zapateiro; Domingos Martínez Calcañares, crego; Domingos Martínez de Fonte Arcada; Domingos Martínez, ferreiro; Domingos Páez de Beiro; Domingos Sanín, zapateiro; Domingos, xastre; Estevo Pérez; Faracho, mouro; Fernando Bochón; Fernando Criado, carniceiro; Fernando Domínguez; Fernando Domínguez da Rúa Nova; Fernando Eáns, casteleiro; Fernando Eáns, odreiro; Fernando Eáns, xastre; Fernando Gaitán, home do chantre de Ourense; Fernando González, escudeiro; Fernando Mangón, carniceiro; Fernando Miguez, peliqueiro; Fernando Pérez, carniceiro; Fernando Vello, home do chantre de Ourense; Fernando Zapata; Fernando, carniceiro; Fiel García; García Eáns, correeiro; García Eáns, home do bispo de Ourense; García Fernández; García Martínez, dito Cociñeiro; Gonzalo de Pol; Gonzalo Miguez, meiriño de Diego Gómez de Roa; Gonzalo Namorado; Lourenzo; Lourenzo; Lourenzo Cabanal; Lourenzo Eáns, dito Porcote; Lourenzo Matricolaz, home do bispo de Ourense; Macías, home do casteleiro de Ourense; Maior Bota; Maior, manceba de Fernando, carniceiro; María Carballa; María Gacia, panadeira; Mariña Bocá; Mariña de Horta, panadeira; Mariña Domínguez; Martín Centulo; Martiño Afonsín, home de Martiño; Martiño de Veiga; Martiño de Xestosa, correeiro; Martiño Eáns, xuíz do rei en Ourense; Martiño Núnez, xuíz do rei en Ourense; Martiño Parente; Martiño Topete; Martiño, home do deán de Ourense; Mateo de Benavente, alcalde do rei; Miguel do Sisto; Miguel Eáns, cóengo de Ourense; Miguel Fernández; Miguel Martínez dos Brancos; Nuno Fernández; Nuno González; Paio, home de don Xoán Eáns, fidalgo; Pedro Abril, home do chantre de Ourense; Pedro de Chao, crego; Pedro de Dorra; Pedro de Moura; Pedro de Oseira; Pedro Dente; Pedro Eáns; Pedro Eáns de Cimadevila; Pedro Eáns, casteleiro; Pedro Eáns, dito Melleiro; Pedro Eáns, xastre; Pedro Fernández, rexedor de Ourense; Pedro Frade; Pedro Frade; Pedro Grañón; Pedro Lourenzo, home do casteleiro de Ourense; Pedro Lourenzo, zapateiro; Pedro Martínez; Pedro Martínez; Pedro Pérez Pan; Pedro Pontón, besteiro; Pedro Saxamonde; Pedro Sutil; Pedro Vilar, carniceiro; Pedro, coiteleiro; Pedro, zapateiro; Roi Fernández, xastre; Roi Pérez, mestre; Roi Sineiro; Salvador Eáns de Gustei, home do bispo de Ourense; Tareixa da Canicova; Tareixa Moura; Tareixa, manceba de Fernando, carniceiro; Tarquiña; Xoán Adán; Xoán Afonso; Xoán Cansado; Xoán Castrón, home de Miguel Eáns, cóengo de Ourense; Xoán da Ponte; Xoán das Eiras; Xoán de Ravenda, zapateiro; Xoán de Santiago; Xoán de Seixalbo, zapateiro; Xoán de Vilanova, home do chantre de Ourense; Xoán do Baico; Xoán Domínguez, carniceiro; Xoán Domínguez, notario; Xoán Eáns, zapateiro; Xoán Fernández; Xoán Fernández, carniceiro; Xoán García; Xoán Lourenzo, besteiro; Xoán Martínez, escudeiro; Xoán Martínez, zapateiro; Xoán Martínez, zapateiro; Xoán Mociño; Xoán Mouro; Xoán Pérez; Xoán Pérez de Ourense, notario apostólico e real; Xoán Pérez, carniceiro; Xoán Pérez, notario; Xoán Porcallo; Xoán Porteiro; Xoán Rubo, carniceiro; Xoán Tinco; Xoán, espelleiro; Xoána Pérez; Sancho IV, rei de León e Castela

Outros

Galicia, reino; Castela, reino; Ourense, bispado; Ourense, cabido; San Francisco de Ourense, convento; Ourense, concello

Lugares

Sevilla