GMH/ÍNDICE A-Z

G-B1
1423, agosto, 6 (traslado de 1488, setembro, 17)
Traslado (a petición de Xoán Cortes, capelán da capela do Crucifixo e para ser entregado a Gómez Ouxea, escudeiro de Allariz) do contrato de aforamento polo que Gonzalo Oureiro, cóengo e tedor da capela do Crucifixo, afora de novo a dez voces ao notario Afonso da Costa a casa en que xa mora, sita na rúa da Corredoira, previamente recibida por carecer de documento o foreiro, por renda anual de 50 mrs. e coa condición de construírlle un sobrado na parte dianteira. (fols. 1-2)
Este he o traslado de huna carta escripta en purgamino de coyro, da qual seu thenor de verbo ad verbum es este que se sygue: Sabean quantos esta carta vyren como eu Gonçalvo Oureiro, coengo da iglesia d’Ourense, teedor da capela do Cruçifixo, de lyçençia e outoridade de don frey Lopo de Galdo, vigario e lugartenente da iglesia e çibdade e obispado d’Ourense porlo moyto onrado padre e señor don frey Afonso de Cusanca obispo d’Ourense, dou aforo a vos Afonso da Costa, notario e vesino da dita çibdad, e a vosa moller Maria Gonçalves, que soodes presentes e a dez vozes apus a morte do postromeiro de vos, asy que o postromeiro de vos en sua vyda ou a tenpo de seu finamento nomee a premeyra vos e a premeyra vos nomee a segunda et asy vaan todaslas ditas dez vozes nomedadas huna pus outra sucessive, e non seendo nomeadas que seja a premeyra vos aquel ou aquela que herdar os beens do postromeiro de vos. Conben a saber que vos aforo hunas casas en que vos agora morades, que estan ena Rua da Corredoyra, segundo que parten duun cabo con casas de Ynes Yanes d’Ourantes e do outro cabo parten con outras casas de Afonso Lourenço pedreiro e teen as portas enna dita rua publica, as quaes ditas casas eu reçeby para a dita capela por quanto vos o dito Afonso da Costa e vosa muller Moor Yanes que foy non tynades delas titulo de aforamento algun et as quales vos agora novamente aforo con suas entradas e saydas e dereitos, jures e pertenças, et vos que façades un sobrado enna dyanteira delas doge ata oyto annos primeyros seguentes et que as reparedes do que lles conprir en tal maneyra que non desfalesça por mingoa de boon paramento, e daredes de foro de cada un anno por cada dia de San Martiño de nobenbro a min e aos outros teendores que foren da dita capela cinquoenta mrs. de dyneiros brancos ou a estimaçon deles en outra moeda se correr por lo tenpo, e do al que ajades este dito aforamento (fol. 1)
libre e quite de todo outro tributo e encarrego algun de dizymo a deus, salvo se ho quiserdes vender, deytar ou supynorar que primeyramente frontedes con elo a min e aos outros teendores da dita capela para que ho ajamos porlo justo preço segundo que ho dereito en tal caso manda, e obligo os beens da dita capela para vos defender a dereito con este dito aforamento. Et nos os ditos Afonso da Costa e Marya Gonçalves que presentes soomos asy ho outorgamos e reçebemos, et para faser o dito sobrado e reparar as ditas casas e pagar o dito foro e conprir as sobre ditas condyçions et obligamos a elo a todos nosos beens mobeles e rayses, avydos e por aver, e qual quer de nos as ditas partes que contra esto pasar que perca de penna aa parte agoardante quynentos mrs. da dita moeda, a qual penna pagada ou non este dito aforamento seja firme e valla enno dito tenpo. Et eu o dito vigario, por quanto entendo que este dito aforamento he prol e bon paramento da dita capela e dos reitores dela sub vertude de juramento que reçeby do dito Gonçalvo Oureiro, por ende entrepoño a el miña lyçençia e outoridade e mando que valla porlo tenpo e vozes que he outorgado. Feyta a carta enna dita çibdad d’Ourense, seys dias do mes de agosto, do anno do nasçemento do noso señor Ihesu Cristo de mill e quatroçentos e viinte e tres annos. Tests. que foron presentes Alvaro da Fontayña e Alvaro Afonso escripban e Joan Porcallo e Joan Fernandes carpenteiro, moradores enna dita çibdad. Et eu Fernan Garçia, notario publico da çibdad d’Ourense porlo obispo e porla iglesia dese lugar que a esto que sobre dito he con as ditas tests. presente foy e en miña presençia ho fiz escripvir e aqui meu nomme e meu signal fis en testimoyo de verdade que (fol. 1v)
que he tal. Fernan Garçia notario. O qual dito traslado eu Rodrigo Moreiro, clerigo e notario apostolico e episcopal d’Ourense, trasladey e saquey do proprio origynal, de mandado e lyçençia del venerable señor don Juan de Deça, arçediano de Bubal enna iglesia d’Ourense e abbade de Vylaza, provisor enna dita iglesia, çibdad e obispado d’Ourense porlo muy reverendo in Cristo padre e señor don Antonioto Gentyl, obispo d’Ourense y datario del nostro muy santo padre, que a pedimento de Joan Cortes, capelan do Santo Cruçifixo, ma mandou trasladar e sacar ben e fyelmente, segundo que estaba enno dito original, e que ela tras ladada e coleçionada con o dito original, dese o dito propio origynal a (o dito)* Gomes Ougea, escudeiro vesino de Allaris, o qual pasou /dentro enna iglesia cathedral d’Ourense, dia quarta feira a ora de terça\ (a)* des e sete dias do mes de setenbro do anno do nasçemento do noso señor Ihesu Cristo de mill e quatroçentos e oytenta e oyto annos, presentes ao dito mandamento (e coleçionamento)* do dito traslado da dita carta /porlos\ los honrados Gonçalvo Fernandes da Insoa e Rodrigo de Ribeira, canonigos enna dita iglesia d’Ourense, e Fernan Lopes, clerigo e notario apostolico, e Loys de Mende (escudeiro)* e outros, e por /ende\ eu o dito Rodrigo Moreiro, clerigo e notario, pugen aqui meu nomme e sygno acostumados en testimonio de verdade que tal he, rogado e requerido e ho escripvi. Eu Fernan Garçia notario.
en testimunio de verdade. (fol.2)