GMH/ÍNDICE A-Z

143
1435, febreiro

Afonso de Socasa, labrador, morador en San Juan de Leiro, declara á súa actual esposa Maior Fernandes libre e exenta das demandas que poida facer Tareija Martis, filla habida no seu primeiro matrimonio.

(f. 68)

Este dia. Sabean todos que eu Afonso de Socasa, lavrador, morador ẽna fiigresia de San Juan de Leeiro, que soo presente et que faço por mĩ et en nome de Tareija Martis, mĩa filla que ouve de mĩa moller Dominga Eanes, que Deus perdon, por la qual dita mĩa filla me obligo conprir et satifaçer por mĩ et por todos meus bẽes, quero et outorgo que por quanto vos Mayor Fernandes, mĩa moller que agora sodes, non queredes viinr a meu poder nen faser comigo vida reçeando vos da dita mĩa filla que vos demande por rason dos bẽes da dita sua madre; por ende eu, o dito Afonso de Socasa que asi soo presente, obligo a mĩ et a todos meus bẽes, asi movles como rayses, os que oje este dia ey et ouver de aqui endeante, de quitar et librar a pas et a salvo a vos a dita Moor Fernandes da dita mĩa filla, et que vos nen vosos herdeiros non sejades demandados por ela, nen por outro por ela, por rason dos ditos bẽes que aa dita mĩa filla perteesçen por herança da dita sua madre, mĩa moller que foy, et que eu et meus bẽes susubamos todo pleito, contenda, auçon que ela contra bos mover; et eu, por la mellor via et forma que poso et devo de dereito, quito et livro et anuçoo deles para todo senpre a vos a dita Moor Fernandes, mĩa moller que agora sodes; et quero et outorgo que os ditos bẽes sejan obligados aa dita mĩa filla et non bos nen bosos bẽes, por quanto vos deles non ouvestes cousa algũa nen bieron nen son en boso poder, et a dita mĩa filla ja ouvo a parte et quinon que a ela perteesçia de aver et herdar por la dita sua madre de todos los bẽes que eu et a dita sua madre aviamos ao tenpo do finamento dela. Et esto que dito he vos deve de ser conprido et agardado asi por mĩ et por todos os ditos meus bẽs, asi movles como raises, que vos a elo obligo, et so pena de tres mill mrs. de boa moeda que outorgo que eu ou mĩas boses vos prometemos por pena, seo asi non toveremos, conpriremos et contra elo biermos, et a pena etc., todavia etc. Et eu a dita Moor Fernandes, que soo presente, asi o resçebo. Testemoyas que foron presentes: Rui de Lugo, mercador, Rui Martis touriño, barveiro, Gonçalvo Garçia, defumador, Juan Boo, çapateiro, moradores na dita villa de Pontevedra, et outros.