GMH/ÍNDICE A-Z

513
1348, xaneiro, 31. Lugo
Rui Fernández, que recibira en foro do Cabido de Lugo unhas herdades en Vilar de Cas co compromiso de construír unha casa, pide agora que se lle prorrogue o prazo para a construción desta.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 10v.

Era de mill et CCC LXXXVI annos, pustrimeyro dia de ianeyro.

En presença de min Fernando Garçia, notario publico del rey en Lugo, et das testemoyas subscriptas, estando na iglesia catedral de Lugo a a seyda da vespera, os omes boos do cabidoo desa iglesia, que eran presentes, estando y presente Ruy Ferrnandes, morador en Villar de Caes, feçeron leer hun vervo que iaçia scripto no livro do cabidoo, signado con sinnal de Ruy Ferrnades, notario que foy de Lugo, enno qual se continna entre las outras cousas que o dayam et cabidoo de Lugo avervaran a o dito Ruy Ferrnandes, et a sua muller Maria Peres, et a huna pesoa qual o pustrimeyro deles nomeasse, o casal et herdamentos dos aniversarios desta iglesia, que he en Vilar de Caes, por duas terças et medea de pan cada anno, et demays que feçessen y huna casa feyta de parede et cuberta commo as outras do dito lugar ata dous annos primeyros que se siguiran, et chantasen y XXXª arvores que leven froyto; et o dito vervo fora feyto XXV dias de novembre, era de mill et CCC LXX IIII annos, et continase en el que qual das partes non comprisse o que se no dito vervo conten que peytasse a a outra parte cen moraovedis da moneda del rey don Affonso, et o vervo ficase valiosso. Et o dito Ruy Ferrnandes diso que el comprira ata aqui o dito vervo eno que se en el conten, salvo que non podera aynda façer a dita casa, et que iuntava guisamento agora para a faser quanto podia, et por quanto ha non feçera ata o dito tempo dos dous anos, que os rendeyros dos aniversarios que lle reçebian et querian reçeber o dito casal et lle diçian que perdera a dita pena, et diso que el era presente para façer a dita cassa et dar aynda mays renda se os omes boos do cabidoo teveran por ben; et pidiolles que lle outorgasen o dito vervo.

Et os omes boos do cabidoo, que eran presentes, diseron que por quanto o dito Ruy Ferrnandes lavrara o dito lugar et o parara ben et por lo [...] que y [...]ara que lle outorgavan o dito vervo do dito casal segundo que estava feyto, et con a condiçon que el et a dita sua muller et pesoa sobreditas desen mays en quanto durase o dito vervo duas oytavas [de pan] cada anno con as outras duas terças et medea que an de dar. Et demays que façan a dita cassa ata deste San Iohan Baptista primeyro que ven a hun anno comprido, et chantasen os ditos arvores [...] chantados; et se o asy non feçessen que perdessen o dito vervo et fosen tiudos da dita penna.

Et o dito Ruy Ferrnandes assy reçebeu o dito vervo et outorgou todo esto que dito he por sy et por la dita sua muller et pesoa sobredita.

Et Iohan Fernandes de Loveos et Affonso Eanes, alfayate, rendeyros dos aniversarios deste San Iohan que ven a seys annos, por sy et por lo iuys outorgaron esto que dito he; et Fernan Vaasques, clerigo, rendeyro dos aniversarios que ora he, diso que quanto en el era se o dito Ruy Ferrnandes ata aqui perdera a dita pena que el que lla quitava. Et Iohan Ferrnandes, raçoeyro de Lugo, vigario de don Diego Ferrnandes, dayam de Lugo, diso que el asy commo vigario do dito dayam protestava que non consintia en esto sobredito.

Et desto commo pasou Ruy Ferrnandes pidio a min, notario sobredito, hun testemoyo.

Et foron presentes: don Alvar Dias, arçidiago de Neyra; don Vaasco Dias, thesoreyro; Affonso Gomes et Pedro Gualvan, Iohan Dias, coengos de Lugo; Rodrigo Affonso, raçoeyro; Fernando Peres, Fernando Yanes, Ruy Gonçalves, clerigos, et outros.

Et eu Fernando Garçia a esto pressente foy et este testemoyo scripvi et puge en el meu sinal.