GMH/ÍNDICE A-Z

1054
1439, xullo, 19. Lugo

Afonso Fernández véndelle a Aldara Fernández o casal de Vilar de Farnadeiros na freguesía de San Pedro de Farnadeiros, por 2.250 pares de brancas.

MADRID, AHN, Carp. 1333 A/6 (bis), perg. orix., galego, cortesá, 316 x 263 mm.


   

Sabean todos quantos esta carta de vençon viren como eu Afonso Fernandes de Burgo Novo, vesino da çiudade de Lugo, non costrengido por força nen deçidido por engano mays de mina propia et libre voontade de boo coraçon et de boa voontade por min et por todas minas voses vendo para sempre jamays por jur de herdade a vos, Aldara Ferrnandes de Borreyques, moradora en a dita çiudade de Lugo, o meu casal de Vilar de Farnadeyros, que he sub signo de San Pedro de Farnadeyros, en o qual casal agora por min mora Afonso Ares Quinte, o qual casal me a min perteesçe por erança de Maria Ferrnandes, mina filla, a qual morreu menor de ydade para faser testamento, a qual mina filla oyve de Ynes Peres, mina muller que foy, o qual dito casal perteeçia a a dita mina filla por erança da dita sua madre; o qual casal vos vendo, segundo dito he, con todas suas casas et casares et chantados et con todas suas perteenças, jures et dereituras et herdades bravas et mansas por onde quer que vaan, a montes et a fontes, et sub quales quer signos, por preço de dous mill et dosentos et çinquenta pares de brancas desta moeda usavele, dos quaes ditos dous mill et dosentos et çinquenta pares de brancas me fesestes logo paga et entrega en duas taças de prata et çinquo dobras de ouro de bauda do cuno de noso senor el Rey, que montan et valen ben a dita contia, as quaes ditas taças et dobras eu, o dito Afonso Ferrnandes, rayalmente et con efecto reçeby de vos, a dita Aldara Ferrnandes, et pasaron de voso poder a o meu en presença do notario et testymoyas de iuso escriptas, dos quaes ditos dous mill et dosentos et çinquenta par de brancas me dou por entrego et ben pago a a boa fe et sen maao engano nen arte alguna, et renunçio a ley do aver non contado en presença do notario et testimoyas, et do engano, et outra qualquer eyçençon, dereito, lee, uso ou custume, ou outra qualquer rason que por min en contrario desta venda posa alegar, et quero que me non vallan nen me posa delas aiudar en iuyso nen fora del, et por esta presente carta de benda vos pono logo et apodero en o jur et posison et propiadade do dito casal con todos seus jures et perteenças, segundo dito he, et se d’aqui endeante posuyr por algun tempo o dito casal et jures et perteenças del confeso que tal posison que a terrey por vos et en voso nome precario nomine et non en outra maneira, et quero que vos, ou outro por vos, posades entrar et reçeber con justiça ou sen ela et por vosa autoridade propia quando quiserdes et por ben toverdes o dito casal et dereitos et jures et perteenças del que vos asy, segun dito he, vendo, et os froytos et rendas deles et posison deles, et faser deles toda vosa voontade cada que quiserdes et por ben teverdes, et todo dereito, jur et posison et propiadade que eu, o dito Afonso Ferrnandes, aio en qualquer maneira et por qualquer rason en o dito casal et jures et perteenças del de min et de toda mina vos o tiro et tollo et quito et en vos, a dita Aldara Ferrnandes, et en todas vosas voses ho pono et traspaso por esta presente carta de venda et se o dito casal con seus jures et perteenças mays val que esta contia porque, segundo dito he, vos lo vendo toda a dita contia et demasia que mays val vos dou et outorgo en pura doaçon para senpre; et demays eu, o dito Afonso Ferrnandes, obligo a min et a todos meus bees, asy movelles como rayses, avidos et por aver a faser a vos, a dita Aldara Ferrnandes, et a vosas voses saa et de pas esta dita vençon que vos asi faço do dito casal con seus jures et perteenças, segundo dito he, a todo tempo.
Et eu, a dita Aldara Ferrnandes, que presente estou por min et por todas minas voses asy reçebo de vos, o dito Afonso Ferrnandes, a dita vençon que me fasedes do dito casal como dito he et a dita obligaçon et doaçon. Et eu, o dito Afonso Ferrnandes, asi vos lo outorgo et porque seia çerto et non vena en dubta rogo et mando a o notario de iuso escripto que vos faça delo un publico instrumento, ou mays, o mays çerto et firme que se sobre esta rason poder faser et notar a a vosa voontade de vos, a dita Aldara Ferrnandes, et vos lo dia. Et eu, a dita Aldara Ferrnandes, peço a vos, o dito notario, que me dedes delo un instrumento, ou mays, quantos me feseren mester para garda de meu dereito, et rogo a os presentes que seian delo testigos.

Feyta foy et outorgada esta presente carta et publico instrumento en a dita çiudade de Lugo, a des et nove dias do mes de jullio, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et trinta et nove anos.

Testemoyas que foron presentes: Juan Vidal, padre de don Martyn Vidal, dean de Lugo, et Diego Peres de Mendonedo, notario de Lugo, criado do dito dean.

Et eu Alvaro Affonso Jacob, canonigo de Lugo, notario publico por la autoridade apostolica, a todo o que sobredito he en huun con as ditas testemoyas presente foy et esta carta de vençon por outro fielmente fiz escripvir et aqui meu nome et signal acostumado puge en testemoyo de verdade rogado et requerido.