GMH/ÍNDICE A-Z

D232
1459, xuño, 8
Sentenza pola que Costanza Paz e Gómez González deberán pagar a Xoán de Santiago 37 e 12 mrs. respectivamente por unha débeda que tiña Afonso Iáñez, pai do segundo (e marido dela), pola compra de viño. (fol. 65v)

Joan de Santiago. Feita e dada.

(A oyto dias de junyo, os ditos alcalldes mandaron por sua sentença defenetiva a Costança Paas e a Gomes Gonçalves que doje a nove dias primeyros sigentes desen e pagasen a Joan de Santiago a dita Costança Paas triinta e sete mrs. e o(s)* dito(s)* Gomes Gonçalves que pagase doze mrs. que lle viña de un (terço)* /sesto\ de seteenta e dous mrs. que foy achado por conta que Afonso Yanes lle devia do viño que lle mercara e a salvo lle quedase de se tornar porlo que ficava para conplimento dos ditos seteenta e dous mrs. aos outros fillos do dito Afonso Yanes con as custas dereitas, e en rason da alcavala do dito viño que provase como quedara de lle pagar e que llo mandarian pagar. Tests. que foron presentes Ares de Prado, Diego de Paaços, meestre Antonio)*. (fol. 65v)