GMH/ÍNDICE A-Z

E1-14
1436, maio, 17
A petición de Xoán de Espinosa, bacharel en decretos, o Concello fai avinza con Lourenzo Iáñez de Torrecela, eximíndoo de impostos a cambio do pago anual de 40 mrs. mentres permaneza solteiro. (fols. 8v-9)

Feita e dada. Aviinça de Lourenço Yanes de Torrezelas.

Anno sobre dito, a XVII dias de mayo, enna çibdade d’Ourense ennas casas de Garçia Dias d’Espinosa, en presença de min o notario et tests. de juso escriptas, presentes y o dito Garçia Dias et Gomes de Chantada, Alvaro Afonso, Estevo Fernandes, Goterre Afonso rejedores, Loys Gonçalves, mestre Fernando juises da dita çibdade, Afonso Gonçalves de Meende procurador dela, outrosy estando ende presente Joan d’Espinosa canonigo enna iglesia d’Ourense, bacheller en decretos, logo o dito Joan d’Espinosa diso que el, en nomme de Lourenço Yanes de Torrezela, que pedía aos ditos juises et rejedores e procurador que lle fesesen aviinça conçelavel et el que era prestes delles dar de cada huun anno de aviinça qoreenta mrs. branca en tres dños., et logo os ditos juises et rejedores et procurador et omes boons do dito conçello feseron aviinça con o dito Joan d’Espinosa e o dito Joan d’Espinosa con elles en esta maneira que se sige: que fasían aviinça ao dito Lourenço Yanes por cada anno en quanto estevese solteyro, por qoreenta mrs. branca en tres dños. et que estes ditos qoreenta mrs. que os pagase de cada huun anno por cada día de San Martiño do mes de nobenbro, et casando o dito Lourenço Yanes con moller de çidadaao da dita çibdade ou con moller de omen rico ou de merqador, que pague alende desta aviinça aquelo que rasonavel for a vysta dos ditos juises et regedores et procurador do dito conçello et do dito Joan d’Espinosa, et o que elles mandaren que eso page alende da dita aviinça dos ditos (fol. 8v)
qoreenta mrs. ao dito termino, et do al que o dito Lourenço Yanes que seja franco et ysento e quite de todos outros quaes quer pedidos e moedas e peytos e tallas conçelavelles que se deytaren et derramaren enna dita çibdade, et que gose de todoslos privilegos et franquesas et liberdades que an et gozan os vesiños da dita çibdade, para o qual os ditos juises et rejedores e procurador asy lle feseron a dita aviinça et obrigaron os beens do dito conçello de lle faser saan et de paz e delle non pasar contra elo, et o dito Joan d´Espinosa obrigou todos seus beens eclesyasticos et segrares et os beens do dito Lourenço Yanes movelles et reyses avydos et por aver, de o teer et conprir e agardar todo asy et pagar os ditos mrs. en cada huun anno etç. Penna quiñentos mrs. etç. Tests. que foron presentes Afonso Ares Cacharron et Joan Fragoso e Gomes et Jacome omeens do dito Garçia.