GMH/ÍNDICE A-Z

E1-47
1437, marzo, 29
O Concello contrata ata o próximo ano como carcereiro a mestre Fernando, polo que este percibirá 200 mrs. (fols. 31v-32v)

Contrauto da cadea do conçello.

Anno domini Mº CCCC XXXVII (av)*, a viinte e nove dias do mes de março, en Ourense ennas casas de Garçia Dias d’Espinosa, estando ende presentes Alvaro Afonso da Fonteyna e Rodrigo Afonso de Touro juises da dita çibdade et Garçia Dias d’Espinosa, Goterre Afonso, Loys Gonçalves, Estevo Fernandes, Gomes de Chantada rejedores, Meen Suares procurador do dito conçello, et mestre Fernando vesiño da dita çidade, logo os ditos juises de consentemento dos ditos rejedores et procurador deron ho ofiçio da carçeraria e da cadea do dito conçello
ao dito mestre Fernando, para que fose teendor e carçareiro da dita cadea, en esta maneira que se sige: que o dito mestre Fernando que tena as cadeas e prigoens do dito consello doje ata (fol. 31v)
o primeiro día do mes de janeiro primeiro que ven et que garde todos los prigoneiros e personas e querelosos e (fal)*/mal\feytores que lle fosen entregos porlos ditos juises, ou porlos rejedores e porlo conçello, et porlo alguasil, et os non solte sen mandado et liçençia dos ditos juises e do dito conçello, et que os tena ben presos et recadados e os non solte nenhuna maneira, et soltandoos ou yndose ou soltandose os ditos priguneiros por rason de non seeren ben presos e por culpa e negregençia de o dito mestre Fernando os non prender nen parar en elles mentes et yndose por sua negligençia, que o dito mestre Fernando seja tiundo et obrigado por sy e por seus beens deo pagar e susobyr asy enno çevyl como enno creminal, et se o tal prigoneiro for persona alguna poderosa ou de que o dito mestre Fernando aja reçeo delle seer tomada ou desapoderado do tal prigoeiro, que o dito conçello lle día gardas para elo e non para outros et outrosy que lle día o procurador do conçello prigoeens aquelas que ouver mester a custa do dito conçello et do al que o dito mestre Fernando que tena presos os ditos presos e os garde et a dita cadea ata o dito termino, et que os ditos (conçello que lle)* juises que lle dian dosentos mrs. os quaes ha de aver da renda das pennas, asy os çen mrs. que ven aos juises como os outros çento que ven ao conçello etç. aos terços do anno pagos, para o qual o dito mestre Fernando feso juramento en forma devida de teer a dita cadea (fol. 32)
et de o conprir todo asy et de non soltar os ditos prigoneiros segundo dito he et de amar probeyto e onra (en q)* do dito conçello con a dita cadea etç. Tests. Joan Peres de Rioseco, Meen de Seabra et Pero Mateu.