GMH/ÍNDICE A-Z

162

1453, outubro, 11. Vilamaior-Mondoñedo.
Gonzalo Pérez de Labrada, cóengo e procurador do Cabido de Mondoñedo, aceptou, en nome deste, dúas sétimas partes sen cura de San Xiao de Loiba, que o mesmo día unira á Mesa Capitular o bispo Alonso de Segura en virtude de bula do papa Nicolás V.
A, papel, con signo notarial, de 218 x 305 mm. Letra cortesá.

Anno do nasçemento de noso Sennor Jesucristo de mill t quatroçentos et cinqoenta et tres annos onse dias de outubre estando dentro enna iglesia cathedral da çibdade / de Vylamayor en presença de min notario et dos testigos de juso escriptos paresçeu personalmente Gonçaluo Peres de Labrada canonigo enna dita iglesia procurador dos / sennores dean et personas et cabildo da dita iglesia et diso que por quanto oje este dito dia o reuerendo sennor don Afonso de Segura obispo da dita iglesia por vertude de hun poder / a el dado et outorgado por lo muy santo Padre Nicolao papa quinto moderno vnira et anexara a la mesa capitular desta dita iglesia quatroçentas libras segund que / mays conplidamente se contynna enna bula apostolica et poder outorgado ao dito sennor obispo et proçeso por el fulminado et agora viera a sua notiçia nouamente / que Vaasco Fernandes canonigo que fora da iglesia de Orense et benefiçiado das duas septimas partes sen cura da iglesia de sant Giao de Loyua sita enna diocesis / desta dita iglesia falescera desta presente vyda que el asy commo procurador dos ditos sennores dean et cabildo et commo canonigo da dita iglesia diso que açepta/ua et açeptou en nomme dos sobreditos et da dita mesa capitular da dita iglesia as ditas duas septimas partes sen cura da iglesia de sant Giao de Loyua / segund que vacara por morte do dito Vaasco Fernandes et en outra qualquer maneira et modo que de presente esteuesen vacas con todos los froytos desemos rentas et / obençiones aas ditas duas septimas partes sen cura da dita iglesia pertesçentes segundo et commo mellor podia de dereito et en outra qualquer maneira por vertu/de da dita bula et proçeso sobrela fulminado por lo dito sennor obispo et de commo açeptaua as ditas duas septimas partes sen cura da dita iglesia segundo / susodito he dyso que pedia et pedeu a min dito notario que llo dese asy signado para garda et conseruaçon do dereito dos ditos sennores dean et cabildo et da dita / mesa capitular et seu en nomme deles et que rogaua et rogou a los presentes que fosen delo testigos. Que foy feyto dentro enna dita iglesia anno / era mes dias et lugar susoditos. Testigos que foron presentes Diego Fernandes Marmolejo mestrescola da dita iglesia et Aluaro Afonso de Pequin liçençiado / en decretos thesoureiro da dita iglesia et Ares Peres notario vesino da dita çibdade et outros.
Eu Ruy Gonçales canonigo de Mondonedo et notario publico do sennor obispo de Mondonedo por la abtoridade hordinaria a todo esto susu/escripto presente fuy et asy o bi et oy et ho fige yn mina presençia escripuir hocupado de outros negoçios et puge aqui meu / signo et nome acostumado en testimoyo de verdade que tal he rogado et requerido. Non enpesca o sobrerraydo onde / dis “septimas” que asy ha de diser que fuy erro de pendola et eu o dito notario o aprobo. (Signo, na súa parte inferior di: Rodericus Gonçalues canonicus mindoniensis et notarius). (Rúbrica).

(Reverso):
Açeptaçion de las duas septimas de Sant Giao de Loyba.