GMH/ÍNDICE A-Z

173

1421, marzo, 10.
O Concello ordena que se pague a Juan da Mámoa, veciño de Santiago, os gastos por levar ó arcebispo as apelacións sobre a sisa.

Lus, dez dias do mes de março, seendo o conçello, alcalles, regidores, jurados e omes bõos da çidade de Santiago, juntados por cria de anafil, segundo que han de custume enno sobrado da notaria de Ruy Martines, notario publico da dita çidade, presentes ende Martin Serpe e Gomes Rodriges, bachiller en Decretos, alcalles e Martin Galos, Alvaro Afonso Juliate, Afonso Fernandes Abril, Juan Aras da Cana e Alvaro Peres da Cana, regidores, jurados da dita çidade e en presença de min Fernan Eanes, notario publico de Nosso Señor el Rey enna sua Corte e en todos los seus Reynos e escusador por lo dito Rui Martines, notario, e dos testemoyas (sic) adeante escriptos; enton o dito conçello, alcalles, regidores e omes bõos sobreditos, mandaron a Juan Raposo procurador do dito conçello, que presente era, que dese e pagase a Juan da Mamoa, visiño da dita çidade, quatroçentos maravedis, branqua en tres dineiros, que avia de aver //
(Fol. 89 vº)
por yr a nosso señor o arçebispo con as apelaços sobre a cisa e que lle serian reçebidos en conta. Testemoyas: Pero Eanes Abraldes, Nuno Vinagre, Juan Raposo, Rui de Tolan , Fernan Mouriño e Juan Dominges, visiños da dita çidade.