GMH/ÍNDICE A-Z

D239
1459, xuño, 11

Xoán Afonso de Tenoiro e Xoán de Selle ofrécense como fiadores da liberdade condicional de Afonso de Amores. (fol. 68v)

En este dia Joan Afonso de Tenoyro e Joan de Selle se obrigaron cada hun enna ameatade por Afonso de Amores que estava preso en poder dos alcalldes, para que doje a oyto dias o tornen a dita cadea sendo requeridos porlos ditos alcalldes ennos ditos oyto dias, sopena de mill pares de brancas, et non sendo requeridos ennos ditos oyto dias que sejan livres et quites da dita fiança etç. et o dito Afonso d’Amolleres obrigouse deos quitar a pas et a salvo. Tests. Nuno Yanes, Gomes Yanes de Meende, Joan d’Almança.