GMH/ÍNDICE A-Z

152
1316, xaneiro. 26
Acta notarial pola que se anula un intercambio de propiedades realizado entre o bispo e o Cabido de Lugo.

MADRID, AHN, Carp. 1332 C/3, perg. orix., galego, gótica cursiva, 190x150 mm.

CAÑIZARES, p. 985.

PIÑEIRO: Memorias, t. III, fol. 623.

RISCO: ES, t. XLI, p. 100.

Era de mill CCC LIIIIº annos, XXVI dias andados de ianeyro. Sabeam quantos esta carta viren commo in presença de min Affonso Perez, notario publico de Lugo, et das testemoyas que en esta carta som subscriptas, o dayan et cabidoo de Lugo, seendo aiuntados por campaa en aquel lugar hu he acustumado desse faser o cabidoo na eglesia de Lugo, don Iohan do Campo, arçidiago de Sarria, disso que o onrrado padre et senor don frey Iohan por la gracia de Deus, bispo de Lugo, le mandara que disesse de sa parte a o dayam et cabidoo sobreditos, que o escambeo que el con elles fesera de eglesia de Sanyoanne de Tidimor, por las disemas das suas herdades de Pumarinno et d'Agro Granno, et das outras suas herdades, as quaes disemas perteeçian a amiistraçon do mes de febreyro, que prasia a o bispo et outorgava que non valuesse o dito escanbeo se a elles prouvesse, et el que assy se lo disia de parte do senor bispo sobredito. Et o dayam et cabidoo sobreditos responderon et disseron quelles prasia muyto, et outorgaron que o dito escambeo non valuesse mays, et deronno por nengun. Et de commo esto passou, o dayam et cabidoo sobreditos, rogaron a min, iadito notario, que fezesse ende este estrumento.

Presentes foron: don Martyn Eanes, dayam de Lugo; don Maestre Affonso, arçediago de Deçon; don Iohan Beserra, iuys; don Iohan Eanes, thesoreyro de Lugo; don Pedro Dias, Aras Perez, Nuno Martines, Rodrigo Alvares, coygos de Lugo, et outros.

Eu Affonso Perez, notario sobredito, rogado presente fuy et este estrumento escrivy et puge y meu sinal en testemoyo de verdade.(+).