GMH/ÍNDICE A-Z

519
1434decembro, 10
Abrahán de León outorga poder ao notario Nuno Patiño para recadar o que se debe da alcabala do viño do ano 1433, que ascende a 918 mrs. (fol. 161)

Abraan de Lion.

En este día Abraan de Lion deu seu poder conprido a Nuno Patiño notario para que posa coller demandar e recadar todos los mrs. que se deven da alcavala dos viños desta çidade do anno de XXX III annos e dar carta de pago et entrar en juiso etç., poder abastante etç., que montan DCCCC X VIII mrs. vellos et o dito Nuno Patiño obrigouse de os dar ao dito Abraan ou Afonso Garçia ou a Yuda Peres, sendo os ditos mrs. çerto, segundo que se conten enno escripto que lle logo deu de miña vista e do dito Abraan, doje a dous meses, salvo de Afonso do Cabo çento e çinqoeenta mrs. que entran enna dita copia e que lle dia deligençia dos ditos mrs. de Afonso do Cabo que de reçeber seja etç. Tests. Diego Dias, Joan do Bouteiro, Pero Vasques, Vasco escripvan. Et destes mrs. que aja Nuno Patiño XXV .- vellos. (fol. 161)