GMH/ÍNDICE A-Z

E2-3
1435, marzo, 6
O bispo aproba a dita ordenanza do Concello sobre a peixaría. (fol. 2v)
E despois desto, en este dito día, ennos paaços do dito señor obispo, estando y presente o dito señor don Diego obispo do dito obispado, outrosy estando y con el os ditos Garçia Dias de Cadorniga et Garçia Dias d’Espinosa et Loys Gonçalves et Alvaro Afonso, Estevo Fernandes e Gomes de Chantada rejedores, Pero Fernandes e Afonso Anriques juises, Joan Paas procurador, logo todos feseron relaçon ao dito señor obispo da dita ordenança do dito pescado, et logo o dito señor obispo diso que pois que a eles prasía et eso meesmo prasendo ao dito cabiidoo, que el que manda-va que estevese ende a dita pescadoría de vender o dito pescado et que se vendese enno dito lugar, et que su a dita penna que as ditas pescaderas que non deitasen ende o dito remollo. Tests. Gonçalvo Goterre, Alvaro carniçeiro.