GMH/ÍNDICE A-Z

199
1331, agosto, 25
foro

Os clérigos do coro afóranlles vitaliciamente a Domingo Iáñez e a Xoán Pérez, e ás súas mulleres, María Pérez e María Iáñez, unha casa na rúa de Cima de Vila por 10 libras.

ACOu, Clérigos do Coro, 45

Sabean quantos esta carta virem que nos Pero Lourenço e Pero Anes vigarios do bispo d’Ourense e a universidade dos clerigos do coro da dita igleia d’Ourense, damos e outorgamos a foro a vos Domingo Anes e a Maria Peres vosa moller que pressente non he, naturaes de Trioes et a vos Johan Peres (...)eyro de Çima de Villa e a Maria Anes vossa moller que presente non he, moradores em (...) em toda vossa vida de todos tan solamente e mays non, huna cassa que está em Ourense (...) de Çima de Villa, a qual he da universidade dos ditos clerigos do coro. Damos a vos a foro a dita cassa con entradas e seydas e con todas suas dereyturas e perteenças, pola qual devedes dar de foro della cada anno em salvo por dia de Santo Andre aos ditos clerigos do coro des libras de brancos da moeda del rey dom Fernando, de que contan quatro diñeiros por tres soldos ou a quantia dellas. Et se a dita cassa caer por fundamento ou por trave, que nos que a adubemos por nossa custa e vos que reparedes a dita cassa das outras cousas que ouver mester e paguedes a fumagen cada anno. Et os clerigos do coro que paguen o universario cada anno que a dita cassa ha. Et outorgamos de vos anparar a dereyto con este afforamento por los beens da dita universsidade. Et nos os sobre ditos Domingo Anes e Johan Peres por nos e polas ditas nossas molleres assy o outorgamos commo dito he, et reçebemos en nos o dito afforamento e obrigamos nos e todos nossos beens e das ditas nossas molleres para conprir e aguardar esto que aqui he conteudo e para pagar o dito foro cada anno em pas. Posto foy que qual quer das partes que contra esto veer e o non conprir e aguardar quisser que peyte aa outra parte que o conprir e aguardar quisser por nomme de pena çen mor. de brancos e a carta fique firme para senpre. Feyta a carta em Ourense, vinte e çínqo dias do mes dagosto, era de mill e ccclxix annos. Tests. que presentes foron Domingo Anes notario d’Ourense, Pero Fernandes morador en Nogueyroaa, Miguel Peres clerigo de Martin Domingues do Bayoco, Domingo Peres dito Gallego.

Et eu Fernan Fernandes notario d’Ourense pola igleia dese lugar presente a esto foy e en miña presença fis scrivir duas cartas desto en hun tenor partidas por .a.b.c. e en cadahuna puge meu nome e meu signal.

(sinal)

[reverso] Carta da casa de Çima de Villa.

Carta da casa d’Elvyra Rodrigues que está en Çyma de Vyla

que está junto con la porta da vyla.

Carta da casa de Cima de Vila.