GMH/ÍNDICE A-Z

226

s/d

A confraría do Corpo Santo afora a perpetuidade a Gonzalo Xil e á súa muller Inés Lourenza, moradores na Valenzá, o souto de Cullerelle, na freguesía de Mugares, por 10 mrs. (fol. 73-73v)

Sabean quantos esta carta de aforamento viren como nos, Joan de Mellees raçoeiro enna igleia d’Ourense et procurador da confraria do Corpo Santo da dita igleia e Gil Fernandes e Gomes Ares e Rodrigo de Montes e Fernando Gonçalves, clerigos do coro da igleia d’Ourense et confrades e capelaans da dita confraria, damos et outorgamos, aforamos a vos, Gonçalvo Gil que sondes presente et a todas vosas voses e a vosa moller Eynes Lourença que non he presente, moradores enna aldea da Balançaa et a todas vosas voses para senpre, conben a saber que vos aforamos hun souto que he da dita confraria, o qual chaman o souto de Cullerelle, et esta enna freigesía de Mugares, et parte de huna das partes con souto de Gonçalvo de Toen e da outra parte con outro de Garçia do Rio, segundo que vos tragendes a jur et a maao, o qual ja dante tinades de Maria Anes, que foy de Joan Abade et a dita Maria Anes mandou aa dita confraria para senpre, por ende nos aforamos voslo de novamente, aforo voslo con todas suas entradas e seydas etç. por tal condiçon que o apostedes e reparedes do que lle faser mester en tal maneira como se non perca ( fol. 73)
por mingoa de reparamento e diedes e pagedes vos et vosas voses de foro en cada huun anno por cada día de San Martiño a dita confraria do Corpo Santo e aos mordomos que dela foren porlo tenpo dez mrs. de dños. brancos de dez dños. o moravedi ou a estimaçon delles enna moeda que porlo tenpo correr, postos en paz en salvo en esta çidade por lo dito dia, e do al de disemo a deus o ajades livre et quite de todo outro trebuto, çenso et encarrego alguun, e non faredes manda nen oniversario nen poredes por el penson a outra igleia nen mosteiro senon a dita confraria, obrigamos os beens da dita confraria de vos enparar et defender a dereito etç. et eu o dito Gonçalvo Gil obrigo meus beens de pagar os ditos dez mrs. do dito foro etç. Penna çen mrs. etç. Tests. Joan de San Giaao, Afonso Yanes bacheller, Gil Fernandes dobreiro enna dita igleia.