GMH/ÍNDICE A-Z

1289
1479, febreiro, 5. Lugo
O cabido de Lugo afóralle a Leonor López, durante a súa vida, os dezmos soltos correspondentes á mesa capitular no Couto Novo e préstamo de Pallares, por renda anual de 840 marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 59 r.

Sepan quantos esta carta de foro viren como nos las personas canonigos et benefiçiados do cabildo da yglesia de Lugo, que avaxo seran nonbrados, seendo juntados en noso cabildo en a Capela de San Vertolameu, que es dentro en a dita yglesia chamados por son de canpana, segund que avemos de uso et de costume, avendo primeyramente noso acordo, damos aforo et avervo a vos Leonor Lopes, muller de Fernando Ares Nogueyrol, que presente estades, por vosa vida solamente et non por mays, todos los disimos soltos et outras cousas que nos a nos et a nosa mesa capitular perteneçen et son devidos, en cada un ano, en o Couto Nobo et en o prestamo de Gomeelle, et en outras quaesquer partes chamado o prestamo de Pallares et por rason del. O qual dito foro vos fasemos por vosa vida et non mays, segund arriba se conten, a tal pleyto et condiçion que vos, a dita Leonor Lopes, dedes de foro et çenso et pension en cada un ano a nos, o dito cabildo, oytoçentos et quareenta maravedis de moneda vella, contando tres blancas vellas et un cornado por cada maravedi, et que os paguedes por dia de San Martino de nobenbro de cada ano a o moordomo da nosa tabla do cabiido dentro en esta çibdad de Lugo, so pena que se o asi non feserdes que por ese mismo feyto pergades o dito foro et se torne a o dito cabildo. Et a o finamiento de vos, a dita Lionor Lopes, que o dito prestamo de Pallares et disimos et outras quaesquer cousas que lle perteneçen et con el andan fique todo libre et quito et desenbargado a o dito cabildo et benefiçiados da dita yglesia, cuio he.

Et eu, a dita Leonor Lopes, que presente estou de consintimento et outorgamento et de liçençia do dito Fernando Arias Nogueyrol, meu marido, que esta presente, et me para elo et para o a juso contiudo da et outorga a dita liçençia, et eu, o dito Fernando Arias, que sou presente asi dou et outorgo a dita liçençia a a dita mina muller, asy reçebo de vos, os ditos senores do dito cabildo, este dito foro do dito prestamo de Pallares et disimos et outras cousas, segund que con el andan et perteneçen a o dito cabildo, por mina vida solamente et non por mays, et obligo a min et a todos meus bees, mobles et rayses, eclisiasticos et seglares, avidos et por aver, de dar et pagar por lo dito dia de San Martino de nobenbro, de cada ano, en esta çibdad de Lugo a o moordomo do dito cabildo, ou a quen o dito cabildo mandar, os desoyto coroados et quarenta maravedis vellos, et se o asi non feser que por ese mismo feyto perga o dito foro. Et desde agora para senpre, de liçençia et consintimento do dito meu marido, renunçio et parto de min et de mina ajuda et favor qualquer outro foro et dereyto que eu, ou outro por min, aia et teno a o dito prestamo et disimos sobreditos, et mando su pena de mina maldiçion a ninguna persona que conmigo aia devedo, asy fillo como filla, que despoys de meus dias non perturbe, nen enbargue, nin ocupe o dito prestamo et disimos et rentas del a o dito cabildo, antes que lles lo leyxe libremente levar et poseer et faser del aquelo que lles prouber como de sua cousa propia. Et nos, o dito cabildo, asi o reçebemos. Çerca do qual anbas las ditas partes outorgaron dous publicos instromentos de foro, un para a dita Leonor Lopes por sua vida et outro para o dito cabildo, et por mays firmesa os senores do dito cabildo mandaron seelar o foro da dita Leonor Lopes en las espaldas con ho seelo do dito cabildo.

Que foy feyta et pasou todo o sobredito en o dito lugar, çinquo dias do mes de febreyro, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçientos et seteenta et nobe anos.

Foron presentes a outorgar este dito foro: don Juan Afonso, chantre; don Alvaro Dias, arçediano de Sarrea; et Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon; et Diego Ferrnandes de Luases, mestrescola; et Gomes Vasques, et Juan Arias de Parga, et Pedro Vasques, et Pedro de Mera, et Ruy Dias, Afonso Martines, Gomes Ferrnandes, Juan d’Outeyro, et Pedro Ferrnandes das Camoyras, bachiller en decretos; et el bachiller, Pedro Ferrnandes de Vilafraca, canonigos et capitulantes, et outros. Testigos que a todo o sobredito foron presentes: Maçia Afonso de Valvoa, canonigo de Ourense; et Nuno Ferrnandes de Berbetouros, vesino de Lugo; et Afonso Lopes de Fargoos; et Alvaro Gomes de Costante, visino de Lugo, et outros.

Et eu Gomes Garçia de Goyoso, clerigo da çibdade de Lugo, notario publico por las abtoridades apostolica et ordinaria, a todo lo que sobredito he en unon con os ditos testigos et capitulante presente foy et esta carta de foro, segundo que por los ditos senores do dito cabildo foy outorgada a a dita Lionor Lopes por sua vida et ela de liçençia et consyntimento do dito seu marido resçebeu o dito foro et feso todas las outras cousas arriva contiudas, seendo ocupado de outros negoçios por outro fielmente fise escripvir, segundo ante min pasou, et por ende fise aqui estes meus signo et nome acustunbrados en testemoyo de verdade rogado et requerido.