GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro de Notas de Álvaro Afonso

78

febreiro, 4

O provisor do bispo, en presencia do Concello, autoriza a Inés Pérez a realizar as debidas exequias polo seu defunto marido, Pascual Rodríguez, así como a levar a cabo o inventario dos seus bens. (fol. 26-26v)

Eynes Peres.

Et despois desto, a quatro dias do dito mes en Ourense, enna igleia de San Martiño, eno Parayso da dita igleia, presentes y Martin Sanches abade e provisor de don Diego obispo d’Ourense et estando y presentes en conçello os juis e rejedores e procurador eommes boons da dita çidade d’Ourense o di logo o dito vigario e provisor a pedimento da dita Eynes Peres deulle liçençia que onrase ao dito Pascoal Rodrigues en sua sopoltura e pagasen suas exsepquias e mensoens de sua sopoltura et enterraçon, aquelo que fose rasonavel, en tal maneira que el fose onrado en sua sopoltura, et mays que lle dava liçençia que fesese enventario de todos los beens que foron e ficaron do dito Pascoal (fol. 26)
Rodrigues et que fosen presentes con ela ao faser Garçia Dias d’Espinosa e Loys Gonçalves juis, conmigo o dito notario et que asy o mandava. Tests. Nuno Gonçalves da Praça, Joan Paas notario, Alvaro Afonso, Gomes de Chantada rejedores, Martin Peres de Trella vesiño d’Ourense e outros.