GMH/ÍNDICE A-Z

1175
1467, marzo, 24. Ferreira

O arcediago de Sarria afóralles a Vasco da Vila, á súa muller e a unha voz o lugar de Vila na freguesía de San Vicente de Deade, por renda anual de dous marabedís de pan, dous de viño, catro de renda, un touciño e a cuarta do pan e o trigo.

MADRID, AHN, Carp. 1333 B/24, perg. orix., galego, cortesá, 180 x 135 mm.
   

Sabean quantos esta carta de foro viren como eu Gonçalvo Peres de Carballido, arçidiano de Sarrea, faço carta et dou aforo a vos Vaasquo de Vila et a vosa moller, Maria Estebees, et a hun fillo ou filla que anbos ajades de consuun, et non avendo fillo ou filla que sea huna persoa que nomear o pustromeyro de vos, et non seendo nomeada que seia persona aquel ou aquela que herdar os vosos bees de dereito. Conben a saber que vos aforo ho lugar da Vila, que perteesçe a o çeleyro de Deade, con suas casas et herdades et arbores, segundo que o vos trajedes a jur et a maao, et con suas entradas et saydas por u quer que as aja sub o signo de San Viçenço de Deade, a tal pleito et condiçon que o labredes et paredes et tenades as casas ben cobertas et ben reparadas en tal maneyra como se non perga por mingoa de labor et boo paramento, et abedes de dar et pagar, en cada hun ano, dous maravedis de pan et dous maravedis de vino, et quatro maravedis de renda, et hun touçino sen maliçia, et a quarta de pan et de triigo a o colledor do çeleyro de Deade, et obligo os bees da iglesia de Lugo a vos lo fazer este foro de paz et de vos defender con el a dereito.          

Et eu, o dito Vaasco da Vila, que soo presente por min et por la dita mina moller et persoa asy resçebo de vos o dito foro por las condiçoes sobreditas, et obligo a min et a meus bees et seus a o comprir en todo, segundo que dito he. Et eu, o dito arçidiano et administrador do Val de Ferreira, asy vos lo outorgo. Et qualquer de nos as ditas partes que contra esto pasar que paga de pena a a parte aguardante et a a voz del Rey de por medio duzentos maravedis, et a dita pena paga ou non paga a carta et foro seja firme et vala durante seu tempo et persoas.

Que foy feyta et outorgada en Santa Maria de Ferreyra, a viinte et quatro dias do mes de março, ano do nasçemento do noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et seseenta et sete anos.

Testemoyas que foron presentes: Pedro Afonso de Santo Andre; et Johan Garçia da Costa; et Marcos de Toldaaos, et outros.

Et eu, Afonso Conde, por mandado do dito senor arçidiano et seu notario en a dita administraçon et en suas jurdiçoons esta carta de foro por seu mandado et a pidimento das ditas partes escripvi et aqui meu nome et signo acustumado fiz en testimoyo de verdade que he a tal. Non enpença entre rengo de vino.