GMH/ÍNDICE A-Z

16

1416, novembro, 5.
Juan de Oural e Fernán Vieites, serventes do Concello recoñecen ter recibido 90 maravedís cada un polo seu salario.
O Concello nomea procuradores a Diego Fernández de Burgos e a Gómez Rodríguez con certas condicións.
O Concello ordena ó procurador que dos cartos que recade, dea 48 maravedís a seis besteiros que debían leva-los maravedís do Rei.
O Concello acorda que se tome en conta ó procurador Bernal Yanes do Camiño os maravedís que el dixera ter gastado en face-los bancos da notaría, en total 49 mrs.
O Concello ordena pagar 700 maravedís ó servente do mesmo Alfonso da Cana.

Çinquo dias do mes de novenbro. Sabean todos que eu Juan Dural et eu Fernan Vieytes, serventes do conçello da çidade de Santiago, entregamos et connosçemos que reçebemos de vos Bernald Yanes do Camiño, procurador do dito conçello çento et oyteenta moravedis, branca en tres dineiros. Eu o dito Juan d’Oural  os noveenta moravedis et eu o dito Fernan Bieytes os outros noventa moravedis; os quaes son do selario que aviamos e aver do dito conçello este anno da feita desta carta et os quaes moravedis avemos en noso jur et poder et renunçio a toda exepçon que non digamos ende o contrario et a a ley do aver non dado et contado, visto et reçebido en presença do notario et testemoyas. Et eu o dito Bernald Yanes asi o reçebo. Testemoyas Pero Afonso, notario apostolico et Afonso Eanes de Toda et Afonso de Salnes criado de Juan d’España.
Sabean todos que nos o conçello, alcalles, regidores et omes bõos da çidade de Santiago seendo juntados en conçello enno sobrado da notaria de Rui Martines, notario da dita çidade por crida de anafil segundo que avemos de uso et de costume de nos juntar en noso conçello et estando y con nos Martin Serpe et Vaasco Fernandes Troquo, alcalles enna dita çidade et Gomes Rodriges, bachiller en Decretos et Afonso Fernandes Abril, Martin Galos Alvaro Afonso Juliate, Juan Ares da Cana,homes bõos jurados enna dita çidade et Benarld Eanes do Camiño et Gil Peres, procuradores do conçello dadita çidade todos a hũa vos et de hũu acordo fasemos et ordenamos et estabelesçemos por nosos procuradores abundantes et sofiçientes a Diego Fernandes de Burgos, bachiller en Decretos et coengo enna igresia de Santiago et a o dito Gomes Rodriges, bachiller, anbos et dous en hũu et cada hũu deles in solidum, en tal maneira que a condiçon de hũu non seja mayor nen menor que a do outro mais que cada hũu deles seja reçesbido cada que vier aparesçer et especialmente damos poder a os ditos nosos procuradores et a cada hũu deles pra que por nos et en noso nome posan paraesçer et parescan ante noso señor el rey et ante nosa señora a reyna madre do dito señor rey et sua tutora et regidora de seus regnos et ante os senores do consello do dito señor rey et oydores et da sua audiençia et notarios et alcalles da su corte et chançelaria et ante qualquer deles en segimento do pleito et pleitos que nos avemos enna corte do dito señor rey con os conçellos das vilas de Pontedeume et Ferrol et Vilalva et seus alfoses que son de Nuno Freire d’Andrade sobre rason do repartimento do pedido do dito señor rey do anno que pasou //
(Fol. 7)
de mill et quatroçentos et honse annos et de outros annos et damos todo noso poder conplido a os ditos nosos procuradores et a cada hũu deles para que por nos et en noso nome posan trautar et segir et procurar os sobreditos pleitos ante os dito señor rey ou ante a dita señora reyna sua tutora ou ante os señores do consello do dito señor rey et oydores et notarios et alcalles da sua corte et chaçelaria et por ante cada hũu deles et por outros quaesquer juises et alcalles eclesiasticos et seglares que dos ditos pleitos posan et devan oyr, connoscer et livrar para demandar, responder, defender, negar exepções et defensões, replicaçoes et todas outras boas rasõos dar et alegar et poer et para faser jura ou juras, asi de calupnia como de çesorio ou outro qualquer juramento que lles de dereito por nos for demandado et para dar et tornar as ditas juras a a outra parte ou partes se mester for et para presentar testemoyos et provanças as que a nos conpriren et contradiser et enpunar as que a outra parte ou partes presentaren ou quiseren presentar contra nos, asi en dereitos como en personas et para gaanar carta ou cartas do dito señor rey ou da dita señora reyna ou dos ditos oydores et notarios et alcalles ou de qualquer deles aquela ou aquelas que a nos conpriren et testar et enbargar as que a outra parte ou partes gaanaren ou quiseren gaanar contra nos et entrar en juiso sobrela testaçon et enbargo delas et para façer frontas, querimentos et protestaçoes, as que a nos conpriren et pedir et tomar sobrelo testemoyo o testemoyos et para concludir et ençarrar rasoos et oyr sentença ou sentenças interloquitorias e defenetiva e consetir ou apelar et agravear et suplicar dela ou delas et tomar et seguyr a alçada vista agraveo et suplicaçon para ali donde de dereito devesen et presentarse enno grado que devesen et querelarse dos juises sella non outorgasen et para jurar custas et pedirlas et veerlas tasar et jurar et para pedir exsecuçon das sentença ou sentenças dadas por nos et para faser, dar el rasoar aquelas cousas et cada hũa delas que bõos et leaas et verdadeiros procuradores poden e deben façer de dereito el que nos mesmos fariamos et poderiamos faser dar et rasoar et procurar presentes seendo aynda que sejan taes et de aquelas cousas que segundo dereito requireren aver espeçial mandado o outrosi damos poder conplido a os ditos nosos procuradores et a cada hũu deles para que en seu lugar et en noso nome posan facer et sostituyr hũu procurador, dous ou mais quaes et quantos quiseren et por ben toveren asi ante do pleito contestado como despois et para que os posa et posan revocar cada que quiser et quiseren et tomar en si do cabo o ofiçio de protestaçon mayor et tan conprido poder como nos avemos para esto que dito he outro tal et tan conprido et eso memo damos et outorgamos a os ditos nosos procuradores et a cada hũu deles et a os seus sostituto o sostitutos et relevamos a os ditos nosos procuradores //  
(Fol. 7 vº)
et a cada hũu deles et a os seus sostituto et sostituos de toda carga de satisdaçon et obligaçon et fiadoria et de aquela clausola que he dita en latin judicium sisti judicatum solui ca nos obligamos a nos et a nosos bees de estar a o juiso et a conprir et pagar o que contra nos for julgado. Et porque esto esto seja çerto outorgamos esta carta de poder por ante o notario publico et testemoyas, ajuso escriptas que fui feita et outorgada enno dito lugar a sete dias do mes de desenbre do anno do naçemento de Noso Señor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et des et seis annos. Testemoyas que a esto foron presentes Alvaro Peres da Cana et Juan Bugeyrete çidadãaos de Santiago et Golçalvo Sopas canbeador et Afonso do Barquo çarralleiro, et Gonçalvo da Mella, armeiro, vesiños da dita çidade et Fernan Montesiño, escripvan. feita et dada a Bernald Yanes do Camiño.
Predito. O dito conçello, justiças et jurados, mandaron a Bernald Yanes do Camiño, seu procurador, que presente estava que de quaesquer maravedis que por lo dito conçello recabdava ou avia de racabdar que dese ende a seis beesteiros do dito conçello que avian de yr por gia con çertos maravedis de noso señor el rey quoreenta et oyto maravedis, contando blanqua a tres dineiros, para sua despensa dos ditos beesteiros et que mandavan que lle fosen reçebidos en conta os ditos quoreenta et oyto maravedis. Testemoyas os sobreditos.
Paga dos banquos del auditorio de alcalldes.
Predito. O dito conçello, justiças et jurados, mandaron que fose reçebido en conta a o dito Bernald Yanes os maravedis que el disese que gastara en faser os banquos da notaria de min o dito notario. Testemoyas, os sobreditos.
Et logo en esta dita ora o dito Bernald Yanes diso que lle custaran a faser os ditos banquos et con cravos et fontoiras et cabros et jornaes de meesteirais quoreenta et nove maravedis contando branqua a tres dineiros.
Predito. O dito conçellos, justiças et jurados, mandaron a o dito Bernald Yanes, procurador, que pagase a Alfonso da Cana servente do dito conçello çen maravedis contando braqua a tres dineiros para en pago do pleito do selario que avia de aver do dito conçello este dito anno et que mandavan que lle fosen reçebidos en conta os ditos çen maravedis.//  
  (Fol. 8)