GMH/ÍNDICE A-Z

158

1420, outubro, 21.  
Jácome García Queijo, no nome de Fernan Gonzalez de Oviedo declara ter recibido de Afonso Domínguez 1.066 maravedís que debía pagar ó Concello por portaxe e peso, amais de 217 maravedís de cada procurador, que completaban os 1.500 que o Concello debía pagar ó citado Fernan González.

Viinte e hũu dias do mes de oytubre. Sabean quantos esta carta viren como eu Jacome Garçia Queijo, morador enna çidade de Santiago en nome de Fernan Gonçales de Ovyedo visiño de Abilles e para el otorgo e conosco que reçeby de Afonso Dominges da Peña, vesiño da dita çidade e de Juan Raposo e Nuno Vinagre, procuradores do conçello da dita çidade, mill e quinentos maravedis, branqua en tres dineiros, os quaes morabedis o dito conçello devya a o dito Fernan Gonçales por obligaçon signada do signo de Pero Afonso, notario da dita çidade et os quaes moravedis reçeby en esta guisa: Reçeby do dito Afonso Dominges mill e sasenta e seis mor. da dita moeda que el avya de pagar ao dito conçello da renda da portajẽe e posso que del ten arrendada e reçeby do dito Johan Raposo dusentos e dez e sete mor. e de vos o dito Nuno Vinagre receby outros dusentos e dez e sete mor. da dita moeda e asy son conpridos os ditos mill e quinentos mor. que o dito conçello devya ao dito Fernan Gonçales e os quaes mor. ey en meu jur e poder e renunçio a toda eixençon que non diga ende o contrario e aa ley do aver non dado nen contado e pagado visto nen reçebido en presença do notario e testemoyas e dou por quite e livre a o dito conçello dos ditos mill e quinentos mor. para todo senpre e eu o dito Nuno Vinagre que presente sõo en nome do dito conçello asy o reçebo. Testemoyas que a esto foron presentes: Martin Serpe e Gomes Rodriges, jurados da dita çidade e Juan Serpe, fillo do dito Martin Serpe.