GMH/ÍNDICE A-Z

51
1307, xaneiro, 21

O bispo e o Cabido de Lugo outórganlles a Xoán Domínguez e a outros unha porción de casa na rúa de Batitalas, e reciben a cambio media casa na rúa do Burgo Novo.

MADRID, AHN, Carp. 1332 A/17, perg. orix., galego, gótica cursiva, 242x142 mm.

Sabean quantos esta carta viren commo nos o cabidoo de Lugo con outorgamento de nosso sennor don Rodrigo, por la gracia de Deus bispo de Lugo, fazemos tal permudaçon et tal escambio con vosco Iohan Dominguez de Burgo Novo et con vossa moller Marina Perez, et con vosco Fernan Martinez et con vossa moller Maria Perez, et con Tareyia Perez yrmaas, fillas que forom de Pedro Iohannes dito boffon et de Maria Iohannes, valedeyro por sempre. Conven a saber que nos o cabidoo sobredito vos damos aquellas nossas tres quartas minus a novima que avemos en aquella casa que esta na rua de Baticalas, cabo a casa que foy de Pedro Iohannes dito boffon sobredito da una parte, et a outra casa en que nos avemos a meatade et vos a outra meatade da outra parte, con todas suas pertenenças et dereyturas por iur d'erdamento por sempre, et que façades en estas tres quartas minus a novima et delas toda vossa voontade, et vossa voz toda pus vos.

Et obligamos nos por todos nossos bees movilles et rayz de vo-las faser sempre de paz. Et outrosi nos Iohan Dominguez et myna moller Marina Perez, et Fernan Martinez et myna moller Maria Perez, et Tareyia Perez sobreditas, por estas tres quartas minus a novima da casa sobredita que nos vos o cabidoo sobredito dades, damosvos a nossa meatade d'aquella casa que esta na rua de Burgo Novo, entre la outra vossa casa que vos y avedes da una parte, et a casa de Andreu Perez clerigo da outra, con todas suas pertenenças et dereyturas, a qual casa avemos de por meo con Pay Rodriguez et con sua moller Moor Iohannes, que vos que aiades esta meatade sobredita por iur d'erdamento por sempre, et façades en ella et dela toda vossa voontade d'aqui endeante. Et obligamos nos por todos nossos bees movilles et rayz de vo-la fasermos sempre de paz. Et conven a saber que nos o cabidoo iadito reçebemos en nos o anniversario que nos aviamos en esta meatade sobredita desta casa.

Et que esto fosse çerto et non veesse en dulta nos o cabidoo sobredito mandamos ende faser esta carta et seellarla con nosso seello colgado. Et nos don Rodrigo, por la gracia de Deus bispo sobredito, entendendo que este escanbio e proveytoso et bon paramento do dito cabidoo outorgamoslo et avemoslo por firme et mandamos seellar esta carta de nosso seello colgado en testemoyo de verdade.

Feyto foy esto en Lugo XXI dias de janeiro.

Era de mill et CCC et Xlª Ve annos.

Rodericus Petri