GMH/ÍNDICE A-Z

76
1310, ...
foro

Xoán Piñeira, cóengo, cumpridor do testamento do tamén cóengo Fernando Pérez, afóralles a perpetuidade a Pedro Iáñez, dito Ceín, e á súa muller, Dominga Pérez, un herdamento sito en Ceín por catro moios e un puzal de viño.



ACOu, Escrituras XIV, 16

Eno nome de deus amen. Sabean quantos esta carta virem que eu Johan Piñeyra coengo de (...) rector e conpridor do testamento de Fernan Perez coengo que foy desse lugar, dou a foro (...) Pero Eanes dito Çeim morador en Seyxalvo e a vossa moller Dominga Perez e a toda (...) voz para senpre todo aquel herdamento que o dito Fernan Perez avia en Çeim assi commo se departe con a casa e con o herdamento de Çeim que foy de Tome Anes da Corredoyra pelo rigueyro que ven firir ao lagar desse herdamento de Fernan Perez e na carreyra que vay dos lagares de Çeim para Seyxalvo e da autra parte commo se departe con o herdamento que foy de Johan Paaez de Motooscos e ven firir a esta carreyra sobredita e ençima departesse con o herdamento. Damos a vos a foro o dito herdamento a montes e a fontes con todos seus dereytos, arvores e pertenças e con suas entradas e seydas, casas e cortiñas assy que vos e vossa voz o aiades por herdamento para por senpre e que o lavredes e paredes bem assy que non deffalesca por mingua de lavor, e dedes ende foro de quarta ao señorio e dedes a min ou a voz do dito Fernan Perez cada anno en salvo aa bica do lagar quatro moyos e hun puçal de viño por quarta de tres almudes desse herdamento sobredito, e non colleredes conposta en esse herdamento u me derdes este viño, et aquelo que marmar destes quatro moyos e hun puçal sobreditos que mo entreguedes enno lagar doutro tan boon commo o deste herdamento de Çeim en que se non colla conposta. Et nos Pero Eanes e Dominga Perez sobreditos outorgamos a dar a vos Johan Piñeyra ou a voz do dito Fernan Perez os ditos quatro moyos e hun puçal de viño cada anno enno lagar assy commo sobredito e. Et obligamos nos et todos (...) assy (...) commo rayz gaanados e por gaañar e speçialmente quanto avemos (...) commo cortiñas commo aquelas viñas que avemos no lugar a que dizen (...) d’Ourense para Seyxalvo et todo outro herdamento u quer e commo quer que (...)balas cortiñas da huna das partes parten con a cortiña de Maria (...) partensse pela de Pero Escudeyro e as casas con suas cortiñas (...) da vila de Seyxalvo commo ven para egleia e da autra parte (...) Seyxalvo. Iten tres leyras de viñas que iazen a sobrela carreyra (...)vo entre as leyras de meestre Johan de Sorveyra da huna parte (...) viñas das capelas que teen Lourenço Eanes e Domingo Eanes (...) Piñeyra coengo sobredito outorgo a deffender vos e vossa voz (...) anparar obligo a vos os beens do dito Fernan Perez. Et (...) herdamento sobredito mandovos meter en esta (...) con conssello e con outorgamento do cabidoo (...)mento do dito Fernan Perez o dito e aqueles (...) da qual carta atal he: Sabean quantos (...) entendendo que non (...) de nosso cabidoo (...) Perez segundo que nos (...) notario d’Allariz (...) assy commo lle o dito (...) partimos a enbarg(...)damoslle (...) e ccc e xl viii (...) guardar en todo (...) de pena mill mor. (...) Ourense, viinte e (...) Domingo Eanes dito (...) e Johan Martinez clerigo do coro (...).

(...) por el rey en Ourense (...) en mia presença e puge aqui (...).