GMH/ÍNDICE A-Z

89
1312, maio, 24
sentenza

Sentenza dada por Afonso Viviáez, vigairo do bispo, a favor de Martín Iánez, morador en Marrubio, no casal do Rigueiro, na contenda co arcediago Pedro Rodríguez, tenente polo cabido en Terra de Caldelas, que lle reclamaba a media quinta do que labraba fóra do dito casal.



ACOu, Bispo, 114

Sabeam quantos esta carta virem que ante Affonso Viviaez vigario do onrrado padre e señor dom Gonçalvo pela graça de deus bispo d’Ourense pareçerom en juyzo Martin Eanes morador en Marruvyo no casal do Rigueyro por sy da huna parte et o arçidiago dom Pero Rodrigues teente o que o cabidoo d’Ourense a en Caldelas por sy da autra. Entom o dito arçidiagoo demandou ao dito Martin Ioanes que lle desse mea quinta da herdade que ya lavrar fora do casar que non era da herdade do cabidoo e pedia que lla pagasse danos passados que dizia que lavrara fora do casar e que lla non dera dizendo que tal era aly o custume da terra. Et Martin Iohanes razoou e disso que commo quer que fosse custume de a darem dos outros casares que nuncaa el nen aqueles que no dito casal moraran ante del pagaran nen acustumaram de pagar mea quinta da herdade que yam lavrar fora do casal na herdade que non era do cabidoo. Et o vigario, sabuda a verdade sobresto e oydas as razoes danbalas partes, seendo en lugar de julgar, avudo consello con omees boons mandou por sentença ao dito Martin Iohanes que non desse ao dito arçidiago nihuna cousa por razom da mea quinta do que lavrara ta aqui fora do dito casal do Rigueyro na herdade que non era do cabidoo. Et mandou que se des aqui adeante lavrar fora do casar outra herdade salvo na do dito cabidoo que se aveesse con o arçidiago. Esto foy en Ourense, quarta feira, xxiiiiº dias de mayo, era de mill e ccc e lª anos. Tests. Gonçalvo Nunez coengo, Estevoon Fernandes cavaleyro, Pero (Secoiz), Pero Escudeyro, Miguell Eanes e Martin Eanes da Ayra, Affonso Eanes, Johan de Lousada notario, Aras Peres da Touça.

Et eu Grigorio notario da çidade d’Ourense que a esto presente foy e figeo escrivir en miña presença e puge y meu sinal en testemunyo de verdade.

(sinal)