GMH/ÍNDICE A-Z

1137
1460, abril, 24 xoves. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles ó chantre e a dúas voces unha horta na freguesía de San Pedro de Lugo, por renda anual de 40 marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 17 r.

Saban quantos esta carta de foro viren como nos o cabidoo da yglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo per son de canpaa tangida, segundo avemos de uso et de costume, dentro en a dita yglesia açerca da porta por donde soben a os orgoos da dita yglesia, entendendo que fasemos noso probeyto et de nosos suçessores, damos aforo et aforamos a vos Afonso Martines de Galdo, chantre da dita yglesia, et a duas personas despoys de vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a tempo de voso finamento et outra qual nomear aquela persona que por vos for nomeada suçessive, a nosa orta, que foy de Alvaro Lopes, que he das çinquo proçisoes que mandou faser Obispo don frey Pedro Lopes, a qual he sita et locada sub o signo da Capela de Sant Pedro, et ias da huna parte en par cabo de outra orta que agora teen Diego Ferrnandes de Luases, canonigo, et seu yrmao, Gonçalvo Peres, çarralleyro, et da outra parte ias en par cabo da nosa cortina que foy fe Pedro Escudeyro, et topa en bayxo en a congosta que vay para a Ponte de Lugo, et ençima topa en a nosa orta da Regoa, a tal pleito et condiçon que tenades a dita orta ben labrada et çarrada de parede en derredor; et dedes della de foro, en cada hun ano, a nos o dito cabidoo, ou a noso rendeyro et colledor de nosas rendas, vos et as ditas personas despoys de vos quarenta maravedis de curtos por dia de Sant Martino de nobenbre en a moeda que se pagaren as outras nosas rendas; et con condiçon que cada huna das ditas personas que despoys de vos suçederen en o dito foro do dia que en el suçeder por foreyra fasta triinta dias logo siguentes se vena mostrar a nos, o dito cabidoo, por foreyra del, sub pena que se o asi non feser que por esse meesmo feyto perga o dito foro. Et a finamento da postremeyra persona que suçeder en o dito foro que a dita orta fique libre et desenbargada a nos, o dito cabidoo, et a nosos suçessores con todos los boos paramentos que en ella foren feytos.

Et eu o dito Afonso Martines, chantre, que presente soo asi resçebo a dita orta en foro de vos, o dito cabidoo, por las maneyras et condiçoes sobreditas, et obligo a min et a meus beens et das ditas personas a teer, conplir et gardar et pagar todo segundo et en a maneyra que en esta carta de foro se conten.

Et nos, o dito cabidoo, asi vos lo outorgamos et porque seia çerto outorgamos et mandamos dello faser duas cartas de foro anbas en hun tenor por lo notario iuso escripto huna para vos o dito Afonso Martines, chantre, et vosas personas et outra para nos, o dito cabidoo, et por mayor firmesa mandamos seelar con noso seelo pendente a carta de vos o dito Afonso Martines, chantre.

Que foy feyta et outorgada en a çibdade de Lugo en a dita yglesia et lugar, dia joves, viinte et quatro dias do mes de abril, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et sesenta anos.

Testigos que foron presentes: Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon; Gonçalvo Rodrigues de Pigara, arçediano de Triacastela; Gonçalvo Rodrigues de Parga, thesoreyro; Rodrigo Afonso, Gomes Vasques, Diego Ferrnandes, Diego Vasques, Lopo Garçia, Rodrigo Afonso das Camoyras, Pedro Martines et Pedro Ferrnandes de Mera, canonigos da dita yglesia de Lugo.

Et eu Pedro Afonso, canonigo et notario publico da dita çiudade et obispado de Lugo por lo senor Obispo et iglesia desse lugar, a todo o suso contiudo con os ditos testigos presente foy et esta carta de foro por outro fige escrivir seendo eu ocupado de outros negoçios, et aqui puge meu nome et signal acostumado en testemoyo de verdade que he tal rogado et requerido.

Petrus Alfonsi, canonicus, notarius.