GMH/ÍNDICE A-Z

1119
1457, febreiro 25. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Fernando Afonso, á súa muller e a dúas voces unha casa na rúa de Burgo Novo, freguesía de Santiago, que xa trouxo en foro, por renda anual de 25 marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, fs. 5 v.- 6 r.
   

Saban quantos esta carta de foro viren como nos o cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo per son de campana tangida, segundo avemos de uso et de costume, en a dita iglesia açerca da porta por donde suben a os orgoos da dita iglesia, entendendo que fasemos noso proveyto et de nosos suçessores, aforamos et damos aforo et avervo a vos Fernando Afonso de San Fis, çapateyro, morador en esta çiudade de Lugo en a rua de Burgo Novo çerca da Porta de San Pedro, et a vosa muller, Maria Lopes, et a duas personas despoys de vos huna qual o postremeyro de vos nomear et outra qual aquela persona que por lo postremeyro de vos for nomeada en vida ou a tempo de seu finamento, et non seendo nomeada que seia aquela persona que herdar os beens de aquela persona que por lo postremeyro de vos for nomeada por persona do dito foro, huna nosa casa, que he dos aniversarios da dita iglesia, que esta en a dita ciudade de Lugo en a dita rua de Burgo Novo, en que vos agora morades et tinades en foro de nos et ho renunçiastes, a qual casa vos damos et aforamos, segundo dito he, con suas entradas et saydas et jures et pertinenças que ella ha et debe aver, et segundo que a vos agora teedes et usades et ela a nos perteesçe et a os ditos aniversarios. A qual dita casa era et he sita et locada sub ho signo da Capela de Santiago desta dita çiudade de Lugo, a tal pleito et condiçon que levantedes a dita casa de sobrado et de balcon contra a rua et ha estremedes de parede a anbas las partes ata primeyro sobrado et dende arriba de parede ou de taboado ata çinquo anos primeyros seguentes; et dedes de foro vos et as ditas personas, en cada hun ano, por dia de San Martino de novembre viinte et çinquo maravedis de moneda vella de longos a o rendeyro et colledor dos ditos aniversarios; et outrosi con condiçon que cada huna das ditas personas que suçederen en o dito foro despoys de vos et da dita vosa muller que do dia que en el suçeder por persoa ata triinta dias logo seguentes se vena mostrar seer persoa a nos, o dito cabidoo, sub pena que se o asi non feser que por ese mesmo feyto perga o dito foro; et a finamento da postremeyra persona que suçeder en o dito foro que a dita casa fique libre, feyta, cuberta et ben reparada, segundo dito he, con todos los boos paramentos que en ela foren feytos a nos, o dito cabidoo, et a os ditos aniversarios da dita iglesia de Lugo, cuia he.

Et eu, o dito Fernando Afonso, que presente estou asi reçebo o dito foro da dita casa de vos, o dito cabidoo, para min et para a dita mina muller et personas por los modos maneyras et condiçoos sobreditos, et obligo a min et a meus beens et da dita mina muller et personas de o compliremos et pagaremos et atenderemos en todo segundo et en a maneyra que se en esta carta conten.

Et nos, o dito cabidoo, asi vos lo outorgamos en testemoyo do qual outorgamos et mandamos faser delo duas cartas de foro anbas en hun tenor por lo notario iuso escripto huna para vos, o dito Fernando Afonso, et vosa muller et personas et outra para nos, o dito cabidoo, et nosos suçessores, et por mayor firmesa mandamos seelar a carta de vos, o dito Fernando Afonso, con noso seelo pendente.

Que foy feyta et outorgada en a dita çiudade de Lugo en a dita iglesia et lugar, dia esta feyra, viinte et çinquo dias do mes de febreyro ano do naçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et çinquoenta et sete anos.

Testemoyas que foron presentes: Afonso Martines de Galdo, chantre; Gonçalvo Peres de Carvallido, arçediano de Sarrea; Gonçalvo Rodrigues de Parga, thesoreyro; Gomes Vasques, Juan Vidal, Juan Ares, Diego Ferrnandes, Diego Vasques, Lopo Garçia, Juan Ares de Parga, Rodrigo Afonso das Camoyras, Pedro Martines et Pedro Ferrnandes de Mera, coengos da dita iglesia de Lugo.