GMH/ÍNDICE A-Z

1087
1451, marzo, 5. Lugo

O vigairo lucense afóralles a Fernando Pérez e a dúas voces un casal no couto de San Martiño por renda anual da terceira parte do gran, seis marabedís por foros e un touciño por servicios.

MADRID, AHN, Carp. 1333 B/1, perg. orix., galego, cortesá, 250 x 210 mm.
   

Sabeam quantos esta carta virem como eu Gonçalvo Peres de Carvallido, arçidiano de Sarrea en a iglesia de Lugo, provisor et vicario geeneral en o spiritual et temporal en a dita iglesia et obispado de Lugo por meu senor don Garçia de Vaamonde, et en seu nome outorgo et conosco que aforo a Fernan Peres, morador en San Martino, que he absente asy como se fose presente, et a vos Gomes de San Martino, que sodes presente, reçebente para o dito Fernan Peres, por en toda sua vida do dito Fernan Peres et a duas personas despoys do finamento seu del, a huna qual el nomear en sua vida ou a tenpo do seu finamento, et non seendo nomeada que seia aquel que mays de dereito herdar seus bees, et a outra qual nomear ho asy por el nomeado. Conven a saber que lle aforo o cassal de herdade que o dito senor Obispo ten en o couto de San Martino, segundo que o tragia Afonso Gomes, fillo de Gomes, alfayate, con todas suas casas et arvores et formaes, a montes et a fontes, por onde quer que vaan sub ho signo de San Martino, a a tal pleito et condiçon que o dito Fernan Peres por sy et por quen el quiser labre et repare ben as herdades do dito casal en maneira que se non perga por mingoa de laborio et de [...] et boo paramento, et que den el et suas voses [...] he de foro, de cada ano, a o dito senor Obispo et a seus mayordomos a terça parte enteyramente de toda graan que Deus der en o dito casal et herdades, et por nabos et lyno et froyto et orto por foros, cada ano, seys maravedis vellos por dia de San Martino, et por serviço hun boo touçino. Et o dito Fernan Peres et as ditas duas personas despoys del durante o dito foro deven seer vassalos serventes et obidientes a o dito senor Obispo et sua iglesia. Et en fin do finamento da pustrimeira persona, segundo dito he, que o dito casal et herdades et casas et arvores del fiquen libres et quitas et desenbargadas a o dito senor Obispo et sua iglesia et suçesores con todos los boos paramentos que en el foren feitos. Et este dito foro non lles deve seer tirado durante as [...] Fernan Peres nen as personas despuys del non han de vender [...] a o dito senor Obispo et seus subçessores.

Et eu, o dito Gomes de San Martino, en nome do dito Fernan Peres asy o reçebo et obligo a min et a meus bees que el ho conprira et pagara en todo, segundo dito he.

Et eu, o dito arçidiano, asi o outorgo en o dito nome. Et porque esto seia çerto nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario iuso escripto que faça desto dous contrautos en un tenor de foro o mays firme que se poder faser en dereito.

Que foy feyto et outorgado en a çiudade de Lugo, çinquo dias do mes de março, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et çinquenta et hun anos.

Testemoyas que foron presentes: Pedro Fernandes de [...] Fernandes de Vilar de Cavalos; et Roy Fernandes, capelan de Santa Maria de [Rec]esende.

Et yo Françisco Yanes, notario escrivano del Rey nuestro senor et su notario publico en la su Corte et en todos los sus Regnos, a esto que dicho es en unon con los dichos testigos presente foy, et a pedimento del dicho Gomes de San Martino en el dicho nombre et por mandado del dicho vicario este instromento escripvi et por ende fize aqui este mi signo a tal en testimonio de verdad.