GMH/ÍNDICE A-Z

87

1418, xuño, 20.
O Concello, necesitado de cartos, ordena que Alfonso Domínguez pagase ós procuradores os maravedís correspondentes ó último tercio de 1418 e os dos tercios de 1419 da renda da porcentaxe e do peso.
O Concello ordena se paguen a Martín Galos e Juan Ares da Cana, 2.600 maravedís por razón dos salarios das sús alcaldías.
O Concello ordena ós procuradores, que do primeiro diñeiro que recaden desen ó bacharel Gómez Rodríguez 1.000 maravedís para que os entregase a Diego Fernández, bacharel en decretos e coengo de Santiago, polas custas do preito que o Concello de Santiago, Noia, Muros, Pontevedra e Padrón tiña contra os de Pontedeume, Vilalba e Ferrol.
Pedro Afonso, notario declara ter recibido os maravedís que lle correspondían este ano.

Dia lũus viinte dias do mes de juyo. Sabean todos que seendo o Conçello e alcalles e regidores, jurados e omes bõos da çidade de Santiago juntados enno sobrado da notaria de Rui Martines, notario publico da dita çidade por crida de anafil segundo que han de uso e de costume, presentes ende Martin Galos e Juan Ares da Cana, alcalles, enna dita çidade e Alvaro Afonso Juliate e Afonso Fernandes Abril e Fernan Gonçales do Preguntoiro e Gomes Rodriges, bachiller en Decretos, regidores, jurados e omes bõos enna dita çidade e presentes con eles Ares Chantreiro e Migell Rodriges e Juan Duran, elegidos este anno para os autos conçellaveles e en presença de min Fernan Eanes, notario publico de noso señor el rey enna sua Corte e en todos los seus regnos e escusador por lo dito Rui Martines, notario, e das testemoyas adeante escritas; enton o dito conçello, alcalles e regidores e omes bõos diseron que por quanto eles abían mester //
(Fol. 42 vº)
agora de presente algũos maravedis para algũos mesteres do dito Conçello e os non podian aver mais sen dapno que dos maravedis da renda da portajẽe e peso por ende que mandavan e mandaron a Afonso Dominges, morador enna Rua da Pena, da dita çidade, que presente estava, que dos maravedis que abia de pagar por la dita renda da portajẽe e peso que ten arrendada do dito Conçello que dese e pagase a Pero Leiteiro e a Alvaro Gil, procuradores do dito Conçello, que presentes estavan, os maravedis deste postromeyro terço que se fiinçera o postromeiro dia do mes de setenbro primeiro que ven en este dito anno e eso mesmo lles dese e pagase os maravedis dos dous terços do anno seginte do Nasçemento de Noso Señor Ihesu Christo de mill e quatroçentos e des e nove annos que se fiinçeran os ditos dous terços o postromeiro dia do mes de mayo do dito anno e que non recodisen con os maravedis dos ditos tres terços susodeclarados, salvo aos ditos Pero Leiteiro e Alvaro Gil ou a quen os por eles ouvese de aver aynda que non fosen procuradores o anno seginte, por quanto diseron que lles foran e eran carregados os ditos maravedis en sua conta e que o dito Afonso Dominges recabdase deles carta de pago e con este mandamento lle serían reçebidos en pago os ditos maravedis dos ditos tres terços e eso mesmo diseron que davan e deron poder a os ditos Pero Leiteiro e Alvaro Gil que podesen dar e desen carta de pago a o dito Afonso Dominges dos maravedis que asi del reçebesen e el avia de pagar dos ditos tres terços. Testemoyas que a esto foron presentes Juan Ares Chantreiro, e Juan Rodriges de Baldomar e Gonçalvo Tonla (?) e Afonso Peres, escrivan.  
(Fol. 43)
Predito. O dito conçello e regidores, jurados e omes bõos e Ares Chantreiro e Migell Rodriges e Juan Duran, mandaron a os ditos Pero Leiteiro e Alvaro Gil procuradores sobreditos que dos maravedis que alcançasen por lo dito conçello que desen e pagasen a os ditos Martin Galos e Juan Ares da Cana, alcalles enna dita çidade, dous mill e seisçentos maravedis, branqua en tres dineiros, que lles eran devidos de seus selarios por rason de alcaydaria e que eles fosen tiudos de faser as execuções que eran obligados de faser segundo costume e acadasen deles cartas de pago e con elas e con este mandamento lles serian reçebidos en conta os ditos dous mill e seisçentos maravedis. Testemoyas os sobreditos.
Predito.- O dito conçello e alcalles, regidores e omes bõos, jurados, mandaron a os ditos procuradores que dos primeiros maravedis que ouvesen e recabdasen que desen a Gomes Rodriges, bachiller, mill maravedis de moeda vella, branqua en tres dineiros para Diego Fernandes de Burgos, bachiller en Decretos e coengo de Santiago, os quaes moravedis diseron que o dito Diego Fernandes avia de aver por las custas que fesera por dito conçello e por los conçellos das vilas de Noya e Muro e Pontevedra e Padron enno pleito que ouveren con os conçellos de Pontedeume e Vilavalva e Ferrol e que alcançasen carta de pago do dito Gomes Rodriges, bachiller e con ela e con este mandamento lle serian reçibidos en conta os ditos mill maravedis, e eso mesmo que o dito Gomes Rodriges tomase carta de pago do dito Diego Fernandes dos ditos maravedis. Testemoyas: os sobreditos.
Predito. Pero Afonso, notario da dita çidade outorgouse por pago e entrego de Alvaro Gil, procurador sobredito, dos maravedis do seu selario que avia de aver do dito conçello este anno que se fiinçera enno mes de desenbre primeiro que ven e renunçiou a toda exeiçon que non desese ende o contrario e a ley de aver non dado nen contado, visto nen reçebido en presença do notario e testemoyas. Testemoyas: Martín das Figueiras, bachiller en Decretos e Garçia das Oulives e Gonçalvo de Çesures, notario de Betanços.