GMH/ÍNDICE A-Z

98

1418, outubro, 21.
O Concello ordena se paguen ó bacharel Gómez Rodríguez 200 maravedís que el fixera efectivos para distintos negocios do Concello.

Dia esta feira viinte e hũu dias d’oytubre, os ditos alcaldes et jurados, mandaron a Alvaro Viçoso que dos tres mill maravedis que recabdava para lo dito Conçello pagase a Gomes Rodriges, bachiller, dusentos maravedis, branqua en tres dineiros, os quaes o dito bachiller avya de aver en esta maneira: os çento e sasenta maravedis que el, o dito bachiller enprestara ao Conçello para a yda que fora Juan Aras Chantreiro e Pero Nyño, notarios por mandado do Conçello a casa de Rui de Sandoval e os quorenta maravedis para o dito bachiller pagar çertas scripturas que scripvera para garda do dito Conçello. Testemoyas: Pero Leiteiro e Fernan da Pobla, visiños da dita çidade e Afonso Peres scripvano.