GMH/ÍNDICE A-Z

1096
1453, novembro, 23. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Roi López e a tres voces o lugar de Gonteris que pertence á administración do Páramo e ata agora traía Fernando Rodríguez, por renda anual de 34 marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 8 r.; Libros, lib. 6284 con referencia ó Lib. E f. 8.


   

Saban quantos esta carta de foro viren como nos as personas, canonigos et benefiçiados da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabilldo dentro en o thesouro da dita iglesia per son de campana tangida, segundo que avemos de uso et de custume, veendo en como o noso lugar de Gonteris, que he da nosa tabra capitular et anda con a amistraçon de Paramo et Gondrame, que ora ten de nos arrendada don Gonçalvo Peres de Carvallido, arçediano de Sarrea, et he dela aministrador, vaca et esta vaco a o presente por dimitiçon et renunçiaçion que agora en o dito cabilldo del feso et fas Roy Lopes do Campo, fillo de Lopo Afonso, asi como procurador que se dise para elo de Fernando Rodrigues Traveso, foreyro ultimo que del era, et o dito Roy Lopes se obligou asi et a todos seus beens que o dito Fernando Rodrigues ouvese por firme a dita renunçiaçon, et eso meesmo veendo et entendendo que esto he proveyto noso et de nosos suçesores reçebemos a dita renunçiaçion do dito foro, et logo novamente eu, por outro qualquer modo que seia vaco, et de consintimento do dito aministrador que esta presente et outorgante, aforamos o dito noso casal et lugar et o damos aforo et avervo con todas suas casas et ayras et herdades, a montes et a fontes, et arbores et entradas et saydas et agoas estantes et correntes et prados et pascos et caneyro con a leyra por que corre a agoa para o moyno et con todos seus jures et pertenenças a vos, o dito Roy Lopes do Campo, que presente estades et a outras tres personas depus vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a o tempo de voso finamento et non seendo nomeada que seia quen herdar vosos beens de dereyto, et asi por consiguente as outras duas seian nomeadas huna por outra, ou herdar seus beens de dereyto huna d’outra; o qual dito foro vos damos et fasemos segundo et en a maneyra que o tyna en foro do dito cabilldo o dito Fernando Rodrigues Traveso, et vos o tragiades et posoyades por el, et a salvo a terça parte do dito lugar que ten et trage Afonso de Gonteris, que d’ante andava en o dito foro, et a tal pleito et condiçion que vos et as ditas personas reparedes as casas do dito lugar et labredes et çarredes as ditas herdades et mantenades as ditas casas feytas et cubertas et as herdades labradas et reparadas que se non pergan con mingoa de laborio et de reparamento, et vos, o dito Roy Lopes, dedes et paguedes de foro et çenso por vosa vida trinta et quatro maravedis de moeda vella et de longos, en cada hun ano, por dia de San Martino de nobenbro, et as outras personas depus vos an de dar et den por lo dito foro quareenta maravedis de curtos por lo dito dia et en cada hun ano a o dito aministrador, ou a outro qualquer que for aministrador da dita aministraçon, dentro en esta çiudade, et que cada persona que suçeder en o dito foro depoys de vos seia tiuda et obligada do dia que asi suçeder en el fasta triinta dias logo segentes de viir a o dito cabilldo et mostrar en como he persona do dito foro su pena de o perder, et a finamento da pustrimeyra persona que o dito casal et lugar fique libre et quito et desenbargado a o dito cabilldo con todos los boos paramentos que en el foren feytos.

Et eu, o dito Roy Lopes, que presente estou asi fago a dita renunçiaçion en o dito nome, et reçebo o dito foro para min et para as ditas personas, et obligo a min et a todos meus beens et das ditas personas de teermos et conplirmos et gardarmos et atendermos et pagarmos todo o susodito et cada cousa et parte delo.

Et nos, o dito cabilldo, asi vos lo damos et outorgamos et aforamos et nos obligamos a vos lo faser saao et de pas a dereyto a todo tempo salvo do dito Fernando Rodrigues et de sua vos por quen vos obligades, en testemoyo do qual mandamos a o notario iuso escripto que faga delo duas cartas de foro en hun tenor fortes et firmes huna para vos, o dito Roy Lopes, et outra para o dito cabilldo et as signe do seu signo et a vosa seia seelada con o seelo do dito cabilldo.
Que foy feyta et outorgada en a çiudade de Lugo en o dito cabilldo, dia esta feyra, viinte et tres dias do mes de nobenbro, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et çinqueenta et tres anos.

Testigos que foron presentes et outorgantes: Afonso Martines de Galdo, chantre; et o dito Gonçalvo Peres, arçediano de Sarrea et aministrador da dita aministraçon; et Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon; Gonçalvo Rodrigues de Parrega, thesoreyro; Rodrigo Afonso, Diego Ferrnandes, Diego [Vasques], Lopo Garçia, Fernando Afonso, canonigos, et outros.

Et eu Pedro Meendes de Forins, canonigo en a dita iglesia, notario publico por las autoridades apostolical et ordenaria, a todo o susodito en hun con os ditos senores do dito cabildo et testigos presente foy et esta carta de foro et demitiçon aqui en esta caderno [...] por mina maao escripvi et aqui puje meu signo et nome acostumado en testemoyo de verdade. Rogado et requerido.