GMH/ÍNDICE A-Z

541
1434s/d
Xoán de Laias traspasa ao seu pai Ares Pérez unha leira de viña erma que a el lle correspondeu por parte da súa nai, coas condicións con que está aforada. (fol. 170)

Carta de Ares Peres.

Sabean quantos esta carta de traspasaçon viren como eu Joan de Layas, filla le de Eynes Fernandes moller que foy de Ares Peres vesiña d’Ourense, por rason que a dita miña madre sevo casada con vosco o dito Ares Peres et vos o dito Ares Peres e a dita miña madre tinades aforado de Eynes Lyonor Garçia huna leyra de viña que jaz ao Camiño Novo su a congostra da viña vella, a qual parte con viña de Loys Gonçalves das Tendas e da outra con viña de Pero de Roças et da outra viña con viña da capela de Santa Maria a Madre, et fere enno camiño publico que vay d’Ourense para o Terron, a qual e por quanto a dita viña esta herma e despoblada et estavan obrigados vos e a dita miña moller de a ontrechantar e por quanto eu non poso a miña parte dela ontrechantar segundo que me perteesçe por la dita miña madre et por quanto vos o dito Ares Peres sondes omen que me avedes feyto moytas boas obras et graças et ajudas e porlo carrego que a dita miña madre de vos tiña et por que lle fostes boon marido etç., por ende eu dou et traspaso toda a miña parte et quiñon de da dita leyra de viña, segundo que me perteçe da dita miña madre, en vos o dito Ares Peres, a qual traspaso en vos po(rlo ...) e voses et condiçoens que a eu teño (...) que a labredes e ontrech(antedes ...) foros aos señor(ios ...) (fol. 170)

madre estavades obrigados e do al que a ajades de disemo a deus et logo todo jur, dereito, senorio, posison, propiadade, voz e auçon que eu e todas miñas voses teño enna dita ameatade da dita viña, todo o dou en vos o dito Ares Peres etç. e por esta presente etç. vosla entrego etç. et obrigo os bens que a min son obrigados etç. Penna dosentos mrs. etç. et eu o dito Ares Peres obrigou meus beens etç. Tests. que foron presentes Rodrigo escripvan et Estevo çapateiro criado de Roy Neto et Joan criado de mestre Fernando. (fol. 170v)