GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

342
1336, marzo, 23. Lugo

O deán e o Cabido de Lugo afóranlles a Diego Arias e á súa muller e a unha voz o couto de Betote, en San Vicenzo de Betote, por seis marabedís anuais. Deseguido, os foreiros fanlle doazón ao Cabido da oitava do devandito couto e reservan o usufruto.

MADRID, AHN, Carp. 1335/1, perg. orix., galego, gótica cursiva, 335x225 mm; Cód. 416 B, fol. 34r.

In Dei nomine amen. Sabeam quantos esta carta viren como nos Fernan Aras, dayan, et o cabidoo da iglesia de Lugo, seendo iuntados en cabidoo enno thesouro da iglesia de Sancta Maria de Lugo, segundo que avemos de uso et de custume con outorgamento dos coengos do aniversario desa iglesia, avervamos et aforamos a vos, Diego Aras de Betote et a vosa muller Maria Fernandes, por en todos vosos dias de anbos et dous et de huna pesoa de tal condiçon commo vos, que seia do linagem do chantres don Aras, qual o postrimeyro de vos nomear en vida ou a tenpo de seu finamento, o noso couto et herdamento de Betote que he sub signo de Sant Viçenço de Betote que vos Diego Aras de nos teedes, con todas suas dereyturas et pertenenças et casas et rendas, a monte et a fonte, per hu quer que vaan et con a herdade d’Oleyros, que foy do chantre don Aras, que he sub signo de San Martino d’Oleyros, en esta maneira, conven a saber que vos et aquela pesoa que nomear o postrimeyro de vos avedes a lavrar et parar ben as herdades do dito couto et herdade sobredita d’Oleyros et manteer as casas deste lugar et couto en boo estado et chantar y das arvores. Et a pus finamento de vos Diego Aras et aquelas pesoas en que ficar este vervo deste couto et herdade que o venna reçeber do cabiidoo da iglesia de Lugo d’aquel dia que vagar d’aquela pesoa que o tever ata hun mes primeiro seguente. Et de cada anno, por dia de Sancta Maria de setenbre, por foro et en recovençon a o cabiidoo et a os aniversarios da iglesia de Lugo, seys moravedis, d’oyto soldos o moravedi, desta moneda del rey don Alfonso; et a tenpo do finamento de vos anbos, et d’aquela pesoa que vos nomeardes en que fique este couto et herdade, que este couto et herdade deven aficar livres et quitos et desenbargados a o cabiidoo et aniversarios da iglesia de Lugo con todo los boos paramentos que y foren feitos.

Et eu Diego Aras sobredito que estou presente asy reçebo de vos dayam et cabiidoo et coengos dos aniversarios sobreditos o vervo et foro do sobredito couto et herdade, por min et por la dita mia muller et pesoa que for nomeada en que fique o dito couto et herdade, et obligo meus bees de conprir et pagar todo esto que dito he.

Et demays eu, Diego Aras sobredito por min et po-la dita mia muller Maria Fernandes por que obligo a faser outorgar, por este vervo et graçia que reçebemos de vos o dito cabiidoo et en remiimento de mia alma et da dita mina muller, dou et outorgo a vos o sobredito cabiidoo para a iglesia de Lugo et aniversarios dela, que aian para senpre por iur de herdade a oytava do sobredito couto de Betote et herdade del que eu Diego Aras et a sobredita mina muller Maria Fernandes conpramos et gaanamos de Moor Rodrigues de Vila Sante, filla de Pedro Rodrigues de Chamoso, que foy, et con toda aquela herdade iglesiaria et leygaria que nos y conpramos enno dito couto de Betote desta Moor Rodrigues, con todas suas dereyturas et pertenenças et casas per hu quer que vaan, segundo se conten en huna carta feita por Vaasco Peres, notario da Prova de Sant Iullao, por que nos conpramos a oytava deste couto et herdade sobredita, a qual oytava do dito couto et herdade vos dou en esta maneira: que nos Diego Aras et mina muller Maria Fernandes et aquela pesoa que o postrimeyro de nos nomear, en que fique o dito couto et herdade, que tenamos en todos nosos dias esta herdade et a oytava do couto sobredito que conpramos da sobredita Moor Rodrigues con este outro couto que nos vos o cabiidoo avervades; et a tenpo do finamento da postrimeira pesoa de nos que fique a dita herdade et couto que vos damos et este couto que nos avervades a o cabiidoo et aniversarios da dita iglesia de Lugo para senpre por iur d’erdade, livre et quita et desenbargada con todos los boos paramentos que y foren feytos para façeren delo toda sua voontade asy commo de seu proprio.

Et eu, Diego Aras por min et en nome da dita mina muller Maria Fernandes, obligo min et todos meus bees para vos faser senpre de paz esta herdade et oytava do dito couto que dou a vos os ditos cabiidoo et aniversarios, et logo por esta carta vos entrego et meto a vos o dito cabiidoo enno iur et na posison et propiedade da dita herdade et parte do dito couto que se conten na sobredita carta feita por Vaasco Peres, notario sobredito. Et conosco eu, Diego Aras, que eu et a dita mina muller et aquela pesoa que nomearmos, que pesoymos por vos o cabiidoo et aniversarios a dita herdade et couto. Et nos dayam et cabiidoo et coengos d’aniversarios asy outorgamos todo esto que dito he et se conten en esta carta por nos et por nosos sucçesores. Et por que esto seia çerto et non venna en dulta nos as sobreditas partes rogamos et mandamos a Ruy Fernandes, notario publico de Lugo, que feçese desto duas cartas partidas por A.B.C. tal huna commo outra. Que foron feytas en Lugo enno dito thesouro dita iglesia XXIII dias de março, era de mill et CCC LXX IIIIº annos.

Testemoyas que foron presentes: don Fernan Aras, dayam; don Fernan de Deus, chantre; don Alvar Dias, archidiago de Sarria; Pedro Iacome, iuyz; Aras Pellaes, thesoreyro de Lugo; Andres Peres, Fernan Affonso, coengos; Iacome Eanes, raçoeyro; Iacome Eanes, Affonso Peres Ianeiro, Affonso Eanes et Iohan Fernandes, coengos d’aniversario; Thomas Gomes, clerigo do coro de Lugo; Iohan Peres, porteiro, ts., et outros.

Et eu Ruy Fernandes, notario publico de Lugo sobredito dado per auctoridade do bispo dese miismo lugar, a esto commo dito he con as testemoyas sobreditas chamado et rogado presente fuy et esta carta a rogo do cabidoo sobredito esta carta fiz escrivir en mina presença et puge en ella meu signal.