GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

368
1364, (set.-dec.), 27
declaración

Martín Moxe, arcediago de Limia, declara ter recibido de Rodrigo Estévez os cinco servizos que por el recadara no xulgado de Sobrado, dos que era colledor polo rei en Galicia don Zulema Aben Iaex de Sevilla.

ACOu, Clérigos do Coro, 127

Sabean quantos |quantos| esta carta viren que eu Martin Moxe arçediago de Limia ena igleia d’Ourense conosco e outorgo que reçeby de vos Rodrigo Estevees + toda conta verdadeira con paga verdadeira dos çinco serviçios que vos por nos collestes e recadastes eno julgado de Sobrado que e de noso señor o bispo eno ano que foy da era de mill e quatroçentos e hun anos, os quaes noso señor el rey mandou coller en Galisia por suas cartas do dito ano, dos quaes ditos serviços era colledor maior en Galisia porlo dito señor rey (don) Çulema Abben Yaex de Sevilla. Et destes çinco serviços que vos por min recadastes (...) dito julgado de Sobrado me outorgo por ben entrego e ben pagado e dou (...) livre e quito deles a vos e a todos (…) senpre. Et por que esto seia çerto e (non) veña en dubda ... ende esta carta de pago e de quitamento feyta por Affonso Martines notario (d'Ourense). Feyta a carta en Ourense ena Graandeira, seendo veynte e sete dias de (...) mill e quatroçentos e dous anos. Tests. que a esto foron presentes o dito Johan Yanes (...) Yanes coengos d’Ourense, Domingo Gonçalves veziño e morador en Allariz, Gonçalvo Yanes (...) da igleia de Santo Andre da (Penna).

Et eu Afonso Martines notario publico (da) çibdade d’Ourense e dos coutos do bispo e da igleia d’Ourense por lo bispo e porla dita igleia que a esto foy presente e esta carta escrivy e meu signo aqui fiz en testemunyo de verdade que tal e.

(sinal)

+ omme de Johan Yanes de Graandeira coengo d'Ourense.