GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

373
1365, outubro, 21 (Sabadelle)
venda

Xoán Peleteiro, morador en Abeledo, véndelle a Lopo Rodríguez de Sabadelle a cuarta parte de dez castiñeiros, por 6 libras.

ACOu, Escrituras X, 3

Enno nomme de deus amen. Sabean quantos esta carta viren que eu Johan Pyliteyro morador enno Avelledo por min et por toda miña vos vendo et entrego por esta carta a vos Lopo Rodrigues de Sabadelle escudeiro et a toda vossa vos para por senpre toda a miña quarta parte de des castyneyros, et dos quaes castyneyros acaeçen ende a min en meu quiñon os quatro castyneiros. Vendovoslos con seus terreos e froytos que deus en eles der, con entradas e con seydas et con todos seus jures e dereytos e perteenças por hu quer que as os ditos castyneiros an et deven a aver de dereyto de disemo a deus, livres e quites de todo outro enbargo, et os quaes castiñeyros estan enno lugar que chaman a Retorta, et os quaes estan entre outros vosos de vos o dito Lopo Rodrigues, friiguessya de San Martiño de Sabadelle, et os quaes me a min perteençen e perteeçer deven de dereyto, et os quaes eu conprey. Que vos et toda vossa vos aiades et peysuyades os ditos castyneiros e terreos deles e as novidades e proes deles en jur derdade para por senpre, et façades ende vossa voentade livremente. Ca outorgo que reçeby de vos por esto ben e conpridamente todo o preço que a min et a vos aprouvo de me por eles dardes, conven a saber seys libras de diñeiros desta moeda que ora corre de que contan xlª pares de diñeiros noves por tres libras, que eu en meu jur et en meu poder ey, et de que me outorgo por entrego et ben pagado. Et logo toda vos, jur, auçon, señorio, posyson, propiadade que eu e miñas voses aviamos ennos ditos castyneiros et terreos e froytos e proes deles, todo o tollo e removo e parto de min et de toda miña vos e metoo e poñoo en vos o dito Lopo Rodrigues et en todas vosas voses para por senpre. Et outorgo anpararvos et toda vosa vos para senpre a dereito de quen quer que vos la enbargue ou demande por min e por todos meus beens gaañados e por gaañar. Et quen quer que contra esta carta et vendiçon veer aia a yra de deus e de Santa Maria a sua madre e a miña maldiçon et quanto demandar peyte a vos et a vossa vos dobrado et a vos del rey peyte por pena cen moravedis da boa moeda et esta carta fique firme e valla para senpre. Feyta a carta en Sabadelle Pequeno, martes, vynte e hun dia doytubro, era de mill e quatroçentos e tres annos. Testimuyas que a esto todo foron presentes Gonçalvo omme de Fernan Peres juys, Fernan Peres juys, Johan Affonso de Sabadelle.

Et eu Vaasco Peres notario publico en terra d’Aguiar polo arçibispo et igleia de Santiago en lugar de Gonçalvo Garçia notario da dita terra que a esto todo presente foy et esta carta esscryvi et meu nomme e meu synal aqui pugy en testymunyo de verdade que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta de Sabadelle.

Carta de Lopo Rodrigues de Sabadelle escudeiro.