GMH/ÍNDICE A-Z

1076
1447, novembro, 3. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Inés Pérez e a dúas voces todo o que posúe en Castedo, freguesías de Santa María de Moreira e San Xoán de Barredo, maila herdade de Rebordaos en San Xurxo de Rebordaos, por renda anual de seis marabedís.

MADRID, AHN, Carp. 1335 nº 18, perg. orix., galego, cortesá, 155 x 230 mm.

Sabam quantos esta carta de foro viren como nos o cabildo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabildo por son de canpana tangida, segundo que avemos de uso et custume, en a capella de Sanct Bertholameu que he sita dentro en a dicta iglesia, aforamos et damos en foro a vos Ynes Peres, filla de Afonso Moxin, muller que fostes de Vasco Rodrigues de Martin, que presente estades, por en toda vosa vida et de outras duas personas depoys de vos, huna qual nomeardes en vida ou a tenpo de voso finamento et outra qual nomear aquela persona que por vos for nomeada, et se non for nomeada que seia aquela persona que de dereito herdar vosos beens et asy das outras duas personas, toda quanta herdade, casas, casares, arbores, et beens rayses que nos avemos et nos perteesçen de aver en Casteendo et en seus terminos, segundo que a nos perteesçen et perteesçer deven, con todos seus jures et pertinençias por hu quer que vaan, a montes et a fontes, que son sub signos de Santa Maria de Moreyra et de Sanyoane de Barredo, con mays a herdade et vos que nos avemos et nos perteesçe de aver en Rebordaos sub signo de San Jurjo de Rebordaaos con todas suas dereituras et pertinençias, casas, arbores et formaes, a montes et a fontes, per hu quer que vaan, as quaes nos deu Vaasco Rodrigues de Pallares por enpraso que fezo con nos por rason destas herdades que de nos tevo en foro. Et avedesnos de dar et pagar a nos et a nosos succesores, ou a aquel que por nos ouber de coller et recabdar, en cada un ano de foro por las dictas herdades seys maravedis de longos, por dia de Santa Maria de agosto, postos en pas et en salvo en esta çiudade de Lugo, et teer as ditas herdades ben labradas et en boo paramento en tal maneira que se non pergan por mingoa de laboria, et as casas que y ouver en os dictos lugares et esteveren levantadas et cubertas que as tenades en boo paramento, et a o tenpo de finamento da postremeira persona que suceder en o dicto foro que as casas et herdades fiquen libres et desembargadas a o dicto cabildo con todos los boos paramentos que en elas foren feitos; et cada huna das ditas personas que succederen en o dicto foro que do dia que succederen fasta trinta dias primeiros seguentes se vena nomear por foreira ante nos o cabildo, o nosos sucçesores, sub pena que se o asy non fezer que por ese meesmo feito perga o dicto foro.

Et eu, a dicta Ynes Peres, que presente soo asy reçebo o dicto foro de vos, o dicto cabildo, por min et por las dictas personas, et obligo a mi et a todos meus bees et das ditas personas de o teer, atender, comprir et gardar et pagar todo asy como que se en esta carta de foro conten. Et nos, o dicto cabildo, asy vos lo outorgamos, et porque seia çerto nos, o dicto cabildo, outorgamos dello duas cartas de foro ambas en un tenor huna para vos, a dita Ynes Peres, et vosas personas et outra para nos, o dicto cabildo, por lo notario iuso escripto, et por mayor firmeza mandamos seelar a dita vosa carta de noso seello pendente.

Que foy feito et outorgado en a dita çiudade de Lugo dentro en a dita Capella da dita yglesia en cabildo, tres dias do mes de novembro, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et quareenta et sete anos.
Testigos que foron presentes: Afonso Martines de Galdo, chantre; Gonçalvo Peres de Carvallido, arçediano de Triacastella; Lopo Dias, mestrescolla; Pedro Ferrnandes, Juan Martines, Juan Vidal, Diego Fernandes et Lopo Garçia, canonigos; Rodrigo Afonso das Camoyras, raçionero, et Roy Lopes de Teyxeiro, procurador do dito cabildo, et outros.

Et eu Pedro Afonso, canonigo et notario publico da dita çiudade et obispado de Lugo por lo senor Obispo et iglesia desse lugar, a todo o suso contiudo con as ditas testemoyas presente foy et est instromento de foro seendo eu ocupado de outros negoçios por outro fige escrivir et aqui puge meu nome et signal acostumado en testemoyo de verdade que he tal. Rogado et requerido. Non enpeesca onde vai escripto entre rengloes que dis en el que non foy viçio mays error de escrivan.