GMH/ÍNDICE A-Z

246

maio, 18

Constitución de compañía para transportar duascentas pedras ata a obra da Ponte. (fol. 81v)


Pero de Reça, Rodrigo Bispo et Rodrigo das Eiroaas.

En este día feseron conta Pero de Reça e Rodrigo Bispo et Rodrigo das Eiroaas e Rodrigo de Prado de trager todos a pedra que tinan de trager para a ponte d’Ourense e de aver cada hun a parte dos mrs. que avyan de trager e de aver conpania en elo a perdida e a ganançia e de trager as dita pedras cada hun a sua quarta parte e aver cada hun a quarta parte dos mrs. Ata este día estan por trager dosentas prendas, seseenta pedras das grandes e çento e qoreenta das outras, et des aqui en deante se outra aviinça feseren en qual quer maneira con o dito Afonso Garçia que sejan todos en elo etç. Penna tresentos mrs. etç. Tests. Joan Ramos, Joan do Bouteiro, Pero Carneiro alfayate.