GMH/ÍNDICE A-Z

115
1434, novembro, 15

Pero Eanes de Savaris, da freguesía de San Pedro de Campañó, vende a Juan Peres, clérigo de Santa Maria de Curro, unha leira de viña na veiga do Pereiro por prezo de 300 mrs.

(ff. 57-57 v)

Predito. Sabean todos que eu Pero Eanes de Savaris de Ferreiros, que he ẽna fiigresia de San Pero de Canpañoo, que soo presente et que faço por mĩ et por todas mĩas boses, non contregudo por força nen par engãno resçebido, mas de mĩa libre et porpia voontade, vendo // enteiramente (roto) para todo senpre a vos Juan Peres clerigo de Santa Maria de Curro (...?) todas vosas vozes, a mĩa leira de viña desimo a Deus que esta ẽna Viega que disen do Pereiro que he ẽna dita fiigresia de Santa Maria de Curro, a qual leira de viña vay da hũa parte do longo no balo que vay para so a casa que foy de Rui Gonçales de Curro et da outra parte topa na viña que foy de Martin capenteiro que agora he de Garçia Martines et de seus yrmaaos, et vay topar da outra parte de ancho ẽno marco que esta ontre a herdade que foy de Garçia Afonso et de Rui Gonçales et da outra parte entesta ẽna viña que agora ten Gonçalvo Yanes de Curro. Outrosi vos vendo et outorgo mas por jur de herdade para todo senpre toda a mĩa parte et quiñon que eu ey et a mĩ perteesçe de toda a agra de viña que disen do Pereiro, a qual dita leyra de viña et parte que asy me perteesçe da dita agra de viña do Pereiro a mi perteesçe por erança de mina (sic) madre Dominga Oanes carpenteira; et vendo como dito he a dita leyra de viña et parte da outra viña do Pereiro con seu terreo en que estan et con seu muro et çerqua et entradas et seydas et perteeças et dereituras que lles perteesçen et perteesçer deven asy de feito como de dereito, conben a saber por contia de tresentos mrs. de moeda vella contando a branqua en tres dineiros, os quaes ditos tresentos mrs. da dita moeda eu de vos resçebi en presença deste notario e testemoyas et de que me outorgo por entrego et pago a toda mĩa voontade et renunçio a toda exçeyçon que nunca ende diga o contrario en juiso nen fora, et seo diser quero et outorgo que me non valla, et se mais val que esto que dito he que vos asy vendo, douvoslo et outorgo en pura justa saao doaçon para todo senpre, asy como doaçon mellor pode et deve seer et de dereito mas valer entre bibos; et todo jur, senorio, posison, propiedade, vos, dereito, auçon que eu ey et aver devo en esto que dito he que vos asi vendo, de mĩ et de todas mĩas voses o tiro, tollo et en vos o dito Juan Peres et en vosas voses o pono et traspaso et removo por esta presente carta de venda que vos asi ende delo dou et outorgo en lugar de señorio et posison corporal, para que delo façades toda vosa libre voontade, et prometo et outorgo de vos anparar et defender con esto que vos asi vendo de todo enbargo por mĩ et por todos meus bẽes movles et rayses que vos a elo obligo, et so pena do doblo da dita contia que vos peite por pena seo asi non tover et conprir et contra elo vier, et a pena pagada ou non, esto como dito he este senpre firme. Que foi outorgado na villa de Pontevedra, ano, dias, mes sobre ditos. Et eu o dito Juan Peres, por mĩ et por mĩas boses que asi soo presente, asi o resçebo. Testemoyas que foron presentes: Lopo Martines ourives, Afonso Yanes notario da dita villa, Toribio Gonçales escrivano del Rey, Juan Piloto mareante, moradores na dita villa de Pontebedra et Afonso do Tonbo et outros.