GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro de Notas de Álvaro Afonso

18

s/d

Roi González, morador en Leborín, vende a Roi Fernández, reitor da igrexa de San Miguel de Espiñoso, todos os seus dereitos na dita igrexa e na súa anexa de Santa María do Adro, por 60 mrs. (fol. 5v)

Sabean quantos esta carta de venda viren como eu, Roy Gonçalves de Leborin, morador en Leborin, vendo firmemente por min e por toda miña voz et de meus herdeiros agora e para senpre a vos, Roy Fernandes, clerigo reytor da igleia de San Migeel d’Espinoso e a dita vosa igleia, todo o jantar e dereito que eu e todas miñas voses avemos enna dita igleia de San Migeel d’Espinosa e en Santa Maria do Adreo que he aneixa a dita igleia d’Espinosa, o qual vos vendo por çerto preço conben a saber seseenta mrs. de moeda vella branca en tres dños., de que me dou por pago etç. e se mays val douvoslo en pura doaçon et enno amor de deus a dita igleia etç. asy que vos o dito Rodrigo Fernandes ajades en vosa vida o dito jantar et a vosa morte fique livre et quite a dita igleia e aneixo dela etç. e logo todo jur, dereito etç. e por esta presente carta obrigou meus beens etç. Penna tresentos mrs. etç. Tests. Pascoal Rodrigues, Afonso de Logilde et Gonçalvo Carreda.